Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

In memoriam de Xosé Lamela Bautista

lunes, 14 de agosto de 2023
A grandeza dun pobo pódese medir desde diferentes ángulos, un deles é o da memoria, tanto individual como colectiva, esa dobre vertente é a que nos xunta hoxe neste espazo máxico do Gerês para lembrar a un dos nosos, grande entre os grandes o benquerido Xosé Lamela Bautista (1).

A chamada do camiño Xacobeo de San Rosendo
A miña memoria desanda o tempo e situase no ano 2009, alí coincidín por primeira vez con Lamela, no salón de actos do Concello de Celanova, ao que estaban invitados os alcaldes e alcaldesas dos territorios que vertebra ese itinerario milenario. Froito dese encontro, cursouse de forma oficial desde o Concello de Celanova a solicitude ao Conselleiro de Cultura o día 26 de Marzo de 2010, solicitando o seu recoñecemento como camiño xacobeo.

Asinado por:

D. Antonio Mouriño Villar - Alcalde de Celanova.
D. José Lamela Bautista - Alcalde de Lobios.
D. Ramón Alonso López - Alcalde de Entrimo.
D. Plácido Álvarez Dobaño - Alcalde de Muíños.
D. Emilio Higuero Cardoso - Alcalde de Lobeira.
D. Jose Antonio Armada Pérez - Alcalde de Bande.
D. Juan Antonio Martínez González - Alcalde de Verea.
Dona. Carmen Leyte Coello - Alcaldesa de Cartelle.
D. José Manuel Velo Reinoso - Alcalde de A Merca.
D. Manuel Freire Couto - Alcalde de Barbadás.
Dona. Elisa Nogueira Méndez - Alcaldesa de San Cibrao das Viñas.

Un nós colectivo:
O amor a terra e o orgullo de pertenza, uniunos nunha meta común e creou unha atmosfera de entendemento, diluíu as fronteiras das ideoloxías, das crenzas e dos sectarismos.

Ese sentir colectivo pasou por picos de entusiasmo, vales de decepción e mesetas de indiferenza, a pesar das dificultades segue viva a espera de mostrar todo o seu potencial.

Xosé Lamela un visionario:
Na xuntanza de Celanova eu era o relator, alí descubrín ao intelectual, visionario, de mente brillante, prudente, observador, creativo e innovador.

Aquel primeiro encontro creou un vínculo afectivo, que se foi fortalecendo co paso do tempo, tiñamos numerosos temas en común: O Castro Laboreiro, Pitoes das Júnias, Oseira e o seu bibliotecario o pai Damián Yáñez, a toponimia, en especial a hidronimia, a historia do noso camiño xacobeo e o achegamento aos irmáns portugueses e a súa cultura, tan nosa e por veces tan distante e esquecida.

Estas coincidencias afloraban con frecuencia nos relatorios e no programa "Sempre en Galicia" da radio Cornellá, que a través das ondas puiden compartir cos amigos Couxil e Armando.

Sentimos a túa ausencia física, anque espiritualmente, estás ao lado da túa protectora a Virxe do Xurés, a que con tanto cariño nomeaches Arraiana Maior o día 10 de setembro do ano 2015.

Sempre que te lembro, teño aquela primeira imaxe de Celanova, tomando notas coa pluma Waterman, nunha axenda tipo Moleskine de tapas negras, con trazo áxil, cálido e suave, marxes e entreliñados harmónicos, caligrafía sobria, de mirada limpa e pilla, de linguaxe corporal equilibrada, que transmitía serenidade, ética e confianza, de palabras xustas e de preguntas poderosas.

Agardo que este primeiro acto de agarimo, agradecemento e de lembranza teña continuidade todos os días 14 do mes de Agosto.

Grazas por poder gozar da túa sabedoría, amizade, xenerosidade, tempo e talento.
Benquerido amigo, por ser como fuches sempre terás o meu recoñecemento, a miña admiración, gratitude e cariño.

Manuel Rivero Pérez

NOTA:
1. Xosé Lamela Bautista, nado en Padrendo (Río Caldo, Lobios) o 1 de novembro de 1947 e finado en Ourense o 4 de xaneiro do 2021. 
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES