Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 08 de agosto de 2023
Pastor de ovellas

Quixen estudar para físico nuclear e son pastor de ovellas. Dunha ovella tan só. Ando día e noite detrás dela polos montes de Baños de Molgas. Xa nos coñecemos tan ben que nin ela precisa de beados nin eu necesito berrarlle. Moitas veces chéganos coas olladas ou cun simple aceno meu para executar as accións que lle mando. É moi obediente e eu quérolle moito. Ela compénsame refregándose contra as miñas pernas.
Pingas de Orballo De cando en vez sigo lendo temas relacionados coas bombas de neutróns, por exemplo, pero a maioría do tempo o emprego en analizar as cagalleiras da Lucinda para adiantarme ás súas enfermidades. Si, unha cagalla dela ben estudada descobre todo un mundo. E, si, púxenlle nome e chámolle Lucinda. Foi o primeiro que se me veu á cabeza. Agora mesmo estou pensando en Dionisia, pero xa está. Non lle vou andar cambiando o nome porque si. Non quero poñer tola á miña ovelliña.
Non son especialista en física nuclear, pero xa non me importa. Son feliz coa miña ovelliña e incluso o pasamos ben. Cando vexo que xa paceu o suficiente, poñémonos a xogar: ela pegando brincos e eu escachando coa risa. Canto máis río, máis chouta ela. É unha marabilla! Ó marchar para a casa vén detrás miña coma unha bendita. Non dorme á miña beira porque tampouco quero que se lle suban as miñas amabilidades á cabeza. Tampouco eu me apodero no seu espazo no cortello no que a gardo pola noite. Non son físico nuclear; son o pastor da miña ovella.

Berros

Rachei o silencio cun berro. O silencio racha con ruído, con calquera ruído. Berrei polos que se foron e polos que quedan. Mellor polos que Pingas de Orballo quedan. Os que se foron non saben xa nada de silencios nin ruídos. Berrei por entre os toxos e cando compango no medio do xantar. De cando en cando, berro porque me apetece. Síntome ben cando berro.
Agora mesmo berro polo que non sei e polo que está por vir, polas carreiras que realicei e polos momentos de nugalla. Berro polo punto que vai sobre a i e polo punto final. Por este é polo que máis berro, porque significa que remato, que acabo, que alcanzo a meta, cando, na realidade, me gusta correr sempre.
Rachei o silencio cun berro e todo se volveu ruído. Hai berros que esgazan os sentimentos e berros que choutan desde a Perla Negra ata o mesmo océano. Hai berros nos que o poema se espalla en versos e en cada verso hai un salouco que doe, que manca, que sangra.
Esgacei o silencio cun berro que se esparexeu polas corredoiras da memoria. Desa memoria na que se gardan momentos inmensos e eternos. Por cada instante, un berro. Por cada momento, un anhelo. Hai berros que despegan do máis fondo e aterran nese silencio no que todo é sosego. Agora o sosego rachou en centos de soños de nostalxia ante a potencia do berro, dese berro que se espallou polos capítulos da novela, desta novela.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES