Tefía
miércoles, 09 de agosto de 2023
"Las noches de Tefía" é unha serie creada para Atresplayer por Miguel del Arco y Antonio Rojano. Tefía foi un campo de traballo que o réxime franquista creou para corrixir aquilo que, aínda hoxe, moitos non son capaces de aceptar. Estou a falar da homosexualidade que moitas persoas nadas na época citada aínda levan encerrada en si, sabendo ou sen sabelo, néganse para non ter nin crear problemas. Non en tanto, temos a sorte de vivir noutra época máis aberta e máis libre, unha sorte que non só convén valorar senón que tamén hai que defendela porque a liberdade nunca é unha conquista definitiva.
Vemos na serie como a moral ultra destruíu vidas. Non só falamos daquelas que se negaron a si mesmas senón, tamén, daquelas outras que construíron en común coas primeiras ata que esa negación saíu á luz. Nesta situación, non hai máis culpables que un contexto de opresión na que o principal obxectivo diario é salvar a propia vida.
Como diría o Fausto, tras tempos tempos veñen e chega o momento de que a verdade saia á luz. Entón atopámonos, por unha parte, cun trauma persoal e, pola outra, cun trauma familiar que supón descubrir a orientación sexual real dun pai.
Por outro lado, a serie reflicte moi ben como nunha situación máxima de opresión, o ser humano busca vías de escape. Neste sentido, na ficción atopámonos cun bo contador de historias que consegue construír no campo de traballo un lugar de liberdade, luz e cor chamado Tindaya. Desta maneira, as noites de Tefía desaparecen para vivir as noites do Tindaya.
Nunha situación extrema a imaxinación prende un raio de luz, unha esperanza que nos invita a resistir e que nutre o corpo da forza inmensa da vontade. Moitos soportaban o día porque sabían que a noite era deles e iso supuxo un triunfo interior que ningún garda puido reprimir.
Coido que temos moito que aprender da historia, da real e tamén daquela ficcionada. Alén dela xorden valores e respostas ante a adversidade que convén ter presentes para afrontar determinadas situacións.
Unha serie chea de valores e contradicións humanas que cómpre ver, analizar e reflexionar porque, igual de importante é saber a onde queremos ir como saber a onde non queremos volver.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora