Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A felicidade, un asunto de estado

viernes, 04 de agosto de 2023
"Para ser feliz, quiero un camión", cantaba Loquillo aló polos oitenta do século pasado. Trunfaba a visión de acadar algo material como medio (ou sexa, algo tanxible), algo que se puidera relacionar cos (e dar acceso ós) cartos. De aí, dese primeiro paso, viría o traballo e a liberdade ('Arbeit macht Frei', o traballo libérate, rezaba na porta de Auschwitz) e o rendemento do mesmo, a 'riqueza', que daría a felicidade. Claro que tamén na frase está incluído o querer, o que lle den a un feito un paso primordial, o desexo, o ter o camión. É dicir, a letra será unha toleada, pero xúntase o desexo da felicidade co desexo do material, as cousas que se necesitarían para conseguilo. Aí está o quiz, o identificable máis aló da propia letra. A década anterior, Erich Fromm publicara 'Ter ou ser?'', un título que indicaba ás claras unha elección excluínte e na que optaba, para as persoas, polo segundo. A popularización do tema de Loquillo coincidiu cun deixar pasar do libro de Fromm, precisamente ideado pola necesidade que se vía de poñer en claro que o ter non pode competir co ser, a pesar das aparencias. En ambos casos, a tendencia que expresan é a mesma.

Naquela época, despois de 'dar carpetazo' á ditadura, a verba liberdade ía achegándose ó significado de ter cartos para mercar. Ó tempo, a mesma verba íase separando da posibilidade de votar, que tanto custara, e algo que se ía comezando a esquecer coa normalización e trivialización do voto. Era unha época na que, a nivel estado, o PIB, o Produto Interior Bruto, era 'o máximo', o expoñente do que era un país. Non é que dende aquela cambiara moito a cousa neste último aspecto. Agora, loita por seguir sendo a representación do pulo dun país, mesmo tentando incluír no seu interior calquera relación humana como transacción (e taxala), pero con competidores que lle gañan terreo propoñendo aquelo que hai anos Enrique e Ana cantaban en 'Viva la gente': 'as cousas son importantes, pero a xente o é máis'. Competidores como o Coeficiente de Gini, relacionado coa igualdade (a pesar das súas eivas), o Índice de Desenvolvemento Humano ou os indicadores do estudo do Informe Mundial da Felicidade, a pesar dos seus nesgos e lagoas. Ese lento cambio significa unha evolución da mentalidade: do absoluto deus da produción e consumo como meta que nos dá o PIB ó relativo que nos indican os índices. Da liberdade absoluta de mercar (para o que hai que ter cantos máis cartos mellor, motor da sociedade capitalista) á liberdade de ser felices (que conta que os cartos poden axudar, pero que ata poden ser mesmo un estorbo). Unha evolución que é un asunto de estado, por moito que o poder se considere a partir da economía e da desigualdade económica. Ou pode que precisamente por iso, pois para manter un poder así e que a xente non se rebele é necesario ter ás persoas un mínimo de contentas.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES