Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mans que non dades...

jueves, 03 de agosto de 2023
Para recibir hai que dar.
Non queda outra.
ESTO AS PERSOAS AVARAS, NON O ENTENDEN.
AS BOAS E XENEROSAS, SI.
Por eso é de vital importancia educar para a xenerosidade.
Unha criatura que nace nunha familia xenerosa, ten moitas probabilidades de ser unha persoa xenerosa.
E non se trata de persoas ricas ou pobres; trátase de persoas con bos principios, persoas que axudan ó necesitado, persoas que ensinan ó que non sabe, persoas que comparten o pouco o o moito que teñen.
Ese tipo de persoas sempre teñen algo para dar.
Porque quen menos poida ter, sempre ten moito para dar se o quere compartir:
Un saúdo, un sorriso, un bocado de pan, un libro, unha axudiña por pequena que sexa...
O dito popular di: "MANS QUE NON DADES..." ¡QUE ESPERADES!
Afortunadamente hai moitas persoas xenerosas.
Todas, non, porque non mundo hai de todo para poder comparar.
E cando nos encontramos con persoas xenerosas, non quere decir que nos estean agradecidas a nós ou que nos deban algún favor.

Normalmente non nos deben nada, todo o conrario; pero dannos todo porque lle sae da alma, sencillamente porque lles sae da alma.
Do mesmo xeito cando nos encontramos con persoas avaras, non quere decir que non lles merezcamos nada; sencillamente é que teñen un "corazón apretado", un "corazón raquítico".
Xeralmente, trátase de persoas que teñen moitos bens materiais, xustamente porque non os comparten con nadie.
Parécelles que tendo máis que os outros, xa son superiores.
¡Qué enganadas están!
¡Nin que a riqueza estivera no ter!
¿Para que queremos ter máis do que necesitamos?
A auténtica riqueza está no SER:
-Ser boa persoa.
-Ser bo proxenitor ou proxenitora.
-Ser bo veciño ou boa veciña.
-Ser bo profesional ou boa profesional.
-Ser bo esposo ou boa esposa.
-Ser bo fillo ou boa filla.
-Ser bo compañeiro ou boa compañeira
-Ser bo neto ou neta.
-Ser bo amigo, boa amiga.

Nunha palabra: dar o mellor de ti onde queira que te encontres.
DANDO CADA UN O MELLOR DE SI, XA ESTÁ CUMPRINDO.
A ninguén se lle pode pedir máis do que pode dar.

Peras ó olmo, non se lle poden pedir; pero no mundo necesitamos a axuda de todos.
Non convén desprezar a ninguén.
Nunca se sabe de quen se vai precisar axuda.
POR ESO O AMOR É UNIVERSAL.
Hai que dar.
Hai quedar ata que doa.
Non basta con dar o que nos sobra.
Eso agradécese, pero hai que dar máis...
¡Son tantos os favores que nos fai a Providencia! -dicimos os cristiáns.
¡Son tantos os regalos que recibimos ó longo da vida!
Temos que estar moi agradecidos e dar nós tamén o que estea ó noso alcance.
E dar sen mirar a quén porque eso é posible.
Hai persoas que tranforman nada en todo.
Son os anxos de carne e óso que andan entre nós cada día.
"ANXOS DE CARNE E ÓSO"
Este será o título o seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES