Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 03 de agosto de 2023
Un DNI mentirán

Teño un documento nacional de identidade que me di quen son. Mente coma un cosaco! Xa no propio nome é mentireiro. Ninguén me chama desa maneira. Teño alcume! Coma calquera fillo de veciño, coma todos os galegos e parte do estranxeiro.
A que vén a foto do DNI? E se me pinto de negro? Ou de colorado? Pingas de Orballo Ademais, en dez anos, podo envellecer unha barbaridade. Se xa o noto dun día para outro, que fará en dez anos! Ou se deixo bigote? Ou se deixo barba? Ou se deixo unhas guedellas ó Bob Marley?
O meu documento de identidade non vale para nada. Xa non lembro a última vez que o saquei da carteira. Nin tan sequera cando foi a última vez que o ensinei. Agora estamos máis que fichados! Agora chégalles con pedirche o número, e como case todos o sabemos de memoria... Para que queremos o DNI?
Din que nacín en tal lugar e que vivo noutro. Eu, que son máis que nómade: nacín nese lugar que di, vivo nese que tamén sinala, pero non di nada de onde fago a miña vida, nin a onde vou os sábados, nin dicía onde traballaba.
Na data de nacemento acerta, pero, a quen lle importa? O aspecto físico é o que vale. E agora xa empezan a tratarme de vostede. Porca miseria! Debería estar prohibido ese tratamento. Nin respecto nin caralladas. Xa chega ben con que notemos os estralos das articulacións, como para que veñan agora algúns con vostede para aquí e vostede para alá. Iso, a ver se temos un pouco máis de consideración e deixan de recordarnos a idade. Por favor...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES