Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 01 de agosto de 2023
A conta éche boa!

En Estados Unidos quen levan sempre as de perder en enfrontamentos policiais ou de xustiza son os negros, os portorriqueños, os de por aí abaixo, é dicir, todos aqueles que non sexan ianquis de pura cepa. En España non somos menos (por moito que o sr. Feijóo e demais políticos ou personaxes institucionais digan que non somos racistas). Aquí crucificamos axiña ós xitanos, marroquís, árabes, negros e, tamén, por Pingas de Orballo aí abaixo, ou sexa, todos aqueles que non sexan patriotas-patriotas. Aquí, neste noso país, mesmo lle amargamos a vida a aquel español que se sente nacionalista. É máis, ata poría en primeiro termo a estes que ós de por aí abaixo.
Vén todo isto a colación porque hai uns días o Tribunal Supremo admitiu que un inocente pasou, por erro, 15 anos en prisión. O desatino estivo en que seica se semellaba ó auténtico culpable, sumándolle a desvantaxe, a gran desvantaxe de que era marroquí. Ah, carallo; coas razas topamos. A conta éche boa!
Para que perder tempo, ganas e máis cartos en investigacións se tiña que ser ese o culpable. Coa pinta que tiña... De ser de onde era... Para que buscar máis. E non se buscou máis. E estivo pechado 15 anos, que tampouco é tanto. Que son nesta vida nosa tan acelerada 5.475 días? Día arriba, día abaixo. Menos mal que ó ser marroquí non era negro. Seguro que lle duplicaban os anos: marroquí, árabe, de aí abaixo... como para ser negro tamén. Menos mal que o salvou a cor da súa pel. Non obstante, repito: non somos racistas!

Son eu, e punto

Quixen ser Arnold Schwarzenegger e este axiña me mandou un recado: mellor que non, terás problemas co apelido, tanto para pronuncialo como para escribilo. Optei, entón, por ser eu. Por ser eu mesmo. Coñézome ben e non teño porque botar man de ninguén. Xa sei que haberá algún que logo solta aquilo de "coñézote coma se Pingas de Orballo te parira". Ou nos lles fago caso ou, por veces, me cabreo... querer compararse coa Lola da Amparo, a nai que me pariu.
Coñézome tanto que sei o que farei en cada instante. Incluso cando me asalten as dúbidas. Porque estas asaltaranme a min, non a Arnold Schwarzenegger nin a Genghis Khan, por exemplo. Eu son eu e os outros son os outros. O apelido meu é fácil de pronunciar e escribir. Perdón, retiro o de escribir. Os hai que queren escribilo con be. A algúns, por se aquel, xa lle mes anticipo e antes de escribilo dígolles con uve. Se alguén o escribe coa outra letra, fago que o corrixan. Case sempre lles lanzo a explicación de que ese apelido con be adoita ser máis orixinario de Cataluña. Ante isto non meto a man no lume, pero sempre me acordo daquel director de cine, Antoni Ribas, que era de Barcelona. E nas miñas lecturas, cada vez que me atopo con ese apelido escrito con be, son de por alá.
Non obstante, é igual; con apelido ou sen apelido, incluso con nome ou sen nome, son eu e non Napoleón Bonaparte nin Emerson Fittipaldi. Son eu, e punto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES