Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo Monumental

viernes, 28 de julio de 2023
Gerald Denley, escritor inglés en galego, dedicoulle un poema ao bosque de piñeiros de Valdoviño no que se construiu a urbanización O Piñeiral. Algo así podería ter pasado coa praza onde a tradición indica que predicou Domingo de Guzmán baixo unha gran árbore, se Lugo Monumental calase, os lucenses nos conformasemos, e a pedra triunfase sobre o verde.

Os humanos podemos ser peóns, automobilistas, ciclistas, motoristas ou patinetistas. Como peón, disfruto e admiro as zonas peonís, sabéndoas parciais por ter que compartilas con residentes, repartos, servizos públicos e kamikaces. Como condutor, súfroo en propia carne, sabendo que a cuestión é dificultar a condución para convertirnos en peóns.

O proceso de peonalización, que coincide coa miña evolución camiñante, sorpréndeme polos resultados e a acomodación popular á desaparición do automóbil da vida urbana, despois de que tanto nos costase motorizarnos.

Diante do proxecto de reforma de Santo Domingo, Lugo Monumental tocou a rebato as campás dixitais, conseguindo en poucas horas que máis de mil lucenses nos pronunciásemos en contra, seguindo con asinamentos físicos sobre un tema que afecta ao corazón lucense.

Lugo Monumental é moito máis ca unha asociación de empresarios, e este "movemento de peón" é boa proba. Están á que salta, e este era un salto importante para unha praza simbólica no centro lucense. A definitiva praza de San Domingos é para sempre; lóxico que se pense con calma. Lugo Monumental tiña algo que decir e, ao decilo, fíxonos tomar postura, deixando de ser "peóns" para ser conscientes peóns.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES