Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 28 de julio de 2023
Un mundo igual para todos

Modifiquei o percorrido que me levaba ó país de Máis Alá. Eu, como é lóxico, vivo no de Máis Acá. En algún lado teño que vivir. Non sei de fronteiras, pero... Pero así distribúen o mundo os entendidos. A eles dálles igual que con tales divisións teñamos agora o problema dos marcos. A ver quen é o chulo de mover os marcos.
Pingas de Orballo Para tal modificación tiven que mover, eu tamén, certos marcos. Desviei camiños, abrín valados, choutei portelos, nos vales fixen montañas e nas montañas formei lagoas. Modificación tras modificación, avancei camiño. En pouco tempo estiven no país do Medio. Aquí atopei seres sen conciencia e animais de dúas cabezas; a que pensaba ben e a que pensaba ó revés.
Non tardei en comprender que xa andaba algo perdido. Preguntar polo país de Máis Alá era unha quimera. Ninguén me entendía e eu aínda menos. Mestura de linguas e, o peor, que non levaba ningún can comigo. Dicía Castelao que todos os cans do mundo ladran igual. Total, que tiña que guiarme pola intuición, polo instinto... coma os cans. Sabía que o país de Máis Alá estaba aínda máis alá.
Seguín coa modificación do percorrido. Onde se atravesaban encoros eu coloquei carballos recios, onde estaban os mares cambieinos por ríos e as cidades transformeinas en pradarías. Paso a paso seguín cruzando esas impostas fronteiras, polo que tiven que seguir cambiando marcos. Co bonito que sería un mundo igual para todos. Si, outra quimera.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES