Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En los márgenes

miércoles, 02 de agosto de 2023
"En los márgenes" é unha película de Juan Diego Botto onde Luís Tosar comparte protagonismo cunha serie de historias que teñen en común caer nese fracaso que a sociedade actual pretende facer absoluto. Realmente, nun estado democrático, social e de dereito o feito de contraer unha débeda cunha entidade privada non debería significar a fin do proxecto vital da persoa ou da familia. En España é así. Hai unha espiral destrutiva que teima para que a persoa que cae na pobreza non saia dela. Está tan ben artellada que por moito que loite sempre anda na corda co correspondente perigo de volver caer.

Isto reflíctese moi ben na película que tenta crear unha certa conciencia e consciencia de clase que leve á febleza a erguerse contra o opresor. O opresor nunca ten rostro porque garda a súa covardía detrás dunha multinacional á que só lle interesa a oligarquía que a sustenta.

Nesta situación, a película de Juan Diego Botto retrata moi ben as opcións que ten a persoa. Todo un amplo abano que vai dende loitar ata renderse. Non en tanto, a valentía está en todos aqueles que sofren a opresión do gran capital e ninguén se rende porque si, senón que o fai de pura desesperación ás portas dunhas institucións axeonlladas ante dito capital.

A vantaxe de facer bo cine é que, da man de Botto, podemos cuspir as verdades que non nos permite a lacra do "politicamente correcto". "En los márgenes" é o cine social que se debera difundir en todos os sectores educativos, provocando un pensamento crítico que quizais trouxera ideas limpas para un novo tempo.

Desgraciadamente, a vida pública deste país está ocupada en enredos de altas esferas que venden como importantes pero o día que cada familia real (non a ficticia de moitos mitins) ocupe as preocupacións das altas esferas ao mellor seremos capaces de construír un país novo. Un país que, como di a copla, non teña "nin cabalo de alta silla nin silla de alto cabalo".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES