Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Albo bidueiro

jueves, 27 de julio de 2023
A estantiga chantouse na Estivada,
nos altos da cerrada ó pé do muro.
Silandeiras ánimas dun transmundo
amósanme rompentes de alborada.

Facho es ti, bidueiro, en terras altas.
De brancura vestido sen orgullo.
Do teu corpo xentil, estou seguro,
un par farei de zocas arrufadas.

E se ti isto aínda mo permites,
da túa pel tirarei lene casca
pra con ela construír nalgún intre

un fachón pra alumar na noite fusca,
cando dende o escuro a curuxa laia
e as estrelas se agachan nas alturas.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES