Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 21 de julio de 2023
O Fuxitivo

O sol deixa caer os seus raios, moi mansamente, sobre a cabeza rapada de Senén Delgado, O Fuxitivo. Iso é mentira. Eu son O Fuxitivo e podo prometer e prometo que o sol abrasa e que o autor mente descaradamente. Porque tampouco teño a cabeza rapada; máis ben son calvo. Sei que tamén quere dicir que pertenzo ó mundo labrego (porque a el lle gusta ser ou creo que foi labrego), mais son astronauta.
Pingas de Orballo Menos mal que coñezo dabondo ó autor e sei que hai tempo, moito tempo xa, que latrica moito, incluso que esaxera de máis. Vai pola vida de heroe, pero é un cagadiño do carallo. Agora pensa que todos son da súa condición.
É coma o alcume que me puxo: O Fuxitivo. A que vén iso? Eu tan só deixei a miña casa para emigrar, ou como se dicía antigamente: para facer as Américas. Pasei por varios países latinoamericanos dos que non digo ningún nome porque sei que o autor é o que quere. Hai tempo que quere saber os meus pasos. Eu... chitón! Que esbardalle, que esaxere, que invente á súa maneira.
O sol non cae mansamente; abrasa de tal maneira que, para seguir un pouco a metodoloxía do autor, a esaxeración, fervo coma a calda do pote, aquela que se lle daba ós porcos. Quero que se saiba que nin esaxero nin son ningún fuxitivo. Polo que... que lle dean ó autor!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES