Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

lunes, 17 de julio de 2023
Expresións

Semella que arde o mundo. Si, é tan só unha esaxeración. Pero é certo que o sol pega, ou abrasa, ou queima, ou quenta. Deixemos entón o asunto nunha simple expresión. Xa sabedes como son as expresións... coma esas viñetas nas que un sinxelo debuxo ou unha curta frase falan de toda unha novela, ensinan toda unha historia.
Pingas de Orballo Hai unha expresión que, o día que a oín por primeira vez, gustoume tanto que xa non se me esqueceu (é raro que se me queden refráns, expresións, citas, etc.). "Tirouse ós toxos", dixo alguén. En clara referencia a eses drogadictos que se pican. "E logo, pícase?". "Non, tírase ós toxos".
Os toxos, ese arbusto tan fermoso, tan amarelo, tan noso que, estes si, pertúrbannos, trastórnannos o entendemento, a razón, a infancia e por moito que picaran. O propio toxo ten tamén as súas expresións: es un toxo!, estás feito un toxo! Es un borde. Tes mal xenio.
As dúas expresións quizais máis usadas na nosa terra sexan a de "malo será" e "marcho, que teño que marchar". Certo que non se quedan atrás "éche o que hai" e "morra o conto". Mesmo "e logo?", "onde vai!", "chegar e encher" teñen tamén o seu aquel.
Semella que arde o mundo. Que se acaba a causa da calor. O que ardeu si foi a miña cabeza buscando expresións para abrirlle a intelixencia a algúns. Malo será que algún nos as pille. A ver se pillades esta: marcho, que teño que marchar, porque é o que hai.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES