Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ir medrando

jueves, 20 de julio de 2023
Cando somos nenos queremos medrar para facernos maiores coa intención de ter autonomía.

Cando nos facemos maiores comprobamos que non se cumpre o noso pronóstico infantil.
Non temos tanta autonomía como desexaríamos e vémonos controlados por todas partes.

Pero o importante é ir progresando adecuadamente para que o HOMO SAPIENS cometa cada vez menos erros.

Hoxe en día nos países desenrolados, a poboación ten dereito a un ensino obrigatorio e gratuíto que a maioría aproveita satisfactoriamente.
Xa non son tan necesarios os cursos de alfabetización de adultos que había noutros tempos.
CERTAMENTE, A NIVEL ACADÉMICO IMOS MEDRANDO...

Pero a nosa educación aínda ten lagoas que se manifestan nunha parte da xuventude que busca a felicidade donde non está.

Hai bandas de rapacería que practican a violencia nas rúas e supoño que nalgún sitio
máis, tamén.
Non é que sexan moitos; pero presionan a outros e, ás veces, ata lles fan a vida imposible.

POR ESO HAI TANTOS SUICIDIOS EN ADOLESCENTES.
HOXE EN DÍA HAI MÁIS QUE NUNCA.
ESTO É MOI PREOCUPANTE.

Cando temos maior nivel de benestar a tódolos niveis, parece incrible que haxa tanta xuventude que sufra moito pola mala educación duns poucos.

AS BANDAS DE DELINCUENCIA XUVENIL ESTÁN CAUSANDO MOITOS PROBLEMAS.
A infancia normal é carne de canón en moitas ocasións.
Unha magoa moi grande!
Esto non o podemos permitir.

OS ADULTOS DEBEMOS TOMAR CARTAS NO ASUNTO.
FALLA A EDUCACIÓN EN VALORES.
A maioría dos proxenitores déixase a pel para que os novos teñan de todo; pero...

ESQUÉCENSE DE ENSINALOS A SER PERSOAS, A SABER ESTAR:
Ese é o maior fallo dos nosos tempos.
ESTAMOS CREANDO XENTE NOVA MOI FRÁXIL.
IMPEDÍMOSLLES QUE EXERCITEN A SÚA AUTONOMÍA PERSOAL.
Dámoslles todo feito.
Eso impídelles desenrolar as súas capacidades.
Grave erro!

CÓMPRE DARLLES RESPONSABILIDADES ADAPTADAS Á SÚA IDADE CRONOLÓXICA E ÁS SÚAS CAPACIDADES.

As criaturas séntense moi ben facendo o que poden facer e ó mesmo tempo vanse preparandoa para a vida.

OS ADULTOS TEMOS QUE MEDRAR ASUMINDO AS NOSAS RESPONSABILIDADES COS QUE VEÑEN DETRÁS:
É a única maneira de que eles nos constrúan un mundo mellor para todos.
Non podemos caer no desánimo pensando que non podemos facer nada...
Claro que podemos!
Unha pinga de auga non fai un océano; pero moitas, sí e, se falta a nosa pinga, o océano non está completo.

TEMOS UNHA XENTE NOVA MARAVILLOSA.
SON XOIAS EN BRUTO QUE SE DEIXAN PULIR FÁCILMENTE.
Só precisan adultos que saiban pulilos para que dean o mellor de sí.

URXE TOMAR CONCIENCIA DE QUE PARA QUE A SOCIEDADE MEDRE, É NECESARIO EMPREGAR TEMPO, DEDICACIÓN E CARTOS EN FORMAR ADECUADAMENTE ESTA XENTE NOVA QUE TANTO PRECISA DE NÓS.

Otros o fixeron por nós.
Agora tócanos a nós.

"TÓCANOS A NÓS"

Este será o título do segunte artigo.
Moitas grazas porterme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES