Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (5)

martes, 29 de agosto de 2023
5. Cruceiro do Vilar
Parroquia: Muras.
Lugar: O Vilar
Coordenadas U.T.M. X: 603.234 Y: 4.813.307.

Esta manifestación relixiosa, de dominio público, está emprazada á beira da rúa José Ferro Rodeiro. Amosa unha orientación Nw-Se. A nivel artístico, está composta dunha Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (5)serie de elementos claramente diferenciados e dispostos nunha orde ascendente da seguinte maneira:

Un plinto de formigón que se usa como sostén dunha base monolítica e granítica, que mostra dous tramos: o inferior, de forma paralelepípeda; e o superior, de forma troncopiramidal coas arestas superiores redondeadas; nas súas caras -agás a cara do lado Se- lense as seguintes inscricións:

Cara Ne.:"EL YLLMO SR OB/ ISPO DE MONDOÑ/ EDO CONCEDIO 50/ DIAS D YNDULGENCIA PR/ REZAR CUALQUIERA O/
Cara Nw.: RACION APROBA/ DA PR LA YGLESIA/ DELANTE ESTAS/ EFIGIES
Cara Sw.: DEVOCION DE/ DN MANUEL/ AÑO DE 1918".

Por riba da base érguese un fuste monolítico, granítico, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto como resultado do rebaixe das arestas; a cara Sw., esta decorada co relevo dos símbolos da paixón na seguinte disposición descendente: dous cravos, un cravo, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de nove banzos; o extremo superior das súas caras presenta un rebaixe cuadrangular no que está inscrito o relevo de dous rombos concéntricos con dous roeis flanqueando os vértices superior e inferior, agás na cara Nw., na que aparece o relevo dunha cara; Sobre o fuste apóiase un capitel, de forma troncopiramidal invertida, adornado con volutas nos vértices superiores das arestas e cabezas de anxos coas ás nas caras.
O conxunto remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto; ademaís, mostra un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira con acusados resaltes pometeados. O anverso da cruz amosa, baixo unha cartela na que pode lerse "INRI" unha imaxe cristolóxica cos seguinte trazos: coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz mais separados dela ao igual que a cabeza, o lombo, e as pernas; as mans aparecen abertas; o perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre unha caveira.
O cruceiro está en bo estado e aínda se conservan restos de policromía en ocre na parte superior do fuste.

6. Cruceiro de Leganitos
Parroquia: Muras.
Lugar: Leganitos.
Coordenadas U.T.M.: X: 607.051 Y: 4.817.815.

Esta expresión artística, de carácter privado (1), está emprazada próximo á estrada LU-540, entre os Kms. 24 e 25. Posúe unha orientación W-Leste. Este cruceiro mandouno construir Dª. Francisca Puentes Carballeira (2). Dende unha perspectiva artística está Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (5)formada por unha serie de partes claramente diferenciadas e colocadas nunha orde ascendente do seguinte xeito:

Unha plataforma formada por dous chanzos superpostos de cachotería, que serve de soporte a unha base monolítica, granítica, de forma troncopiramidal. A base prolóngase nun fuste monolítico, de sección cuadrangular nos extremose e oitavado no resto como resultado do rebaixe das arestas; o extremo superior das caras, agás a situada ao Leste, amosan un rebaixe cuadrangular no que está inscrito o relevo dun rombo, que leva un roel no centro e dous flanqueando os vértices superior e inferior. Sobre o fuste apóiase un capitel de forma troncopiramidal invertida, decorado con volutas nos vértices superiores das arestas, cabezas de anxos coas ás nas caras, e unha ringleira de merlóns na súa parte inferior.

O conxunto remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no resto; ademaís, mostra un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira con acusados resaltes pometeados. O anverso da cruz amosa, baixo unha cartela, unha imaxe cristolóxica coas seguintes características: coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz mais separados dela ao igual que a cabeza, o lombo, e as pernas; as mans aparecen abertas; o perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre unha caveira. O reverso mostra unha advocación mariana, vestida cunha túnica e manto e coas mans cruzadas sobre o ventre.

NOTAS:
1. Segundo D. Manuel Carballés Rego é da súa propiedade.
2. Tamén mandou construir os cruceiros da capela de San Antón; o que está situado preto desta capela; e o de Paraños.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES