Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 20 de julio de 2023
Tres apuntes

O outro día atopeime co enterrador oficial da parroquia e faleille xa dalgunhas normas ou apuntes para cando, eu, estirase a pata. Porque o día chegará. Máis cedo ou máis tarde ten que chegar. Non creo que sexa o único inmortal. Canta logo!
A norma máis importante é, por suposto, a da colocación. Tanto no tanatorio coma no cemiterio. Que me terá que colocar cos pés cara á norte, mirando para o norte. Non sei, pero faime ilusión recibir o aire do norte. Pingas de OrballoQuizais porque me lembra ó canellón no que vivía, que cando sopraba o aire de Lugo, acordábame do punto cardinal en plan de insulto, de mala uva. A morte, como tampouco é moi agradable, pois que se amolase recibindo o aire do norte.
Outro dos apuntes era o dos responsos. Só quero tres. Un, ó pasar por diante da miña casa; outro, ó entrar á igrexa (que se non me queren meter nela, por herexe, por exemplo, tampouco pasa nada) e o terceiro, no propio cemiterio, xusto dous minutos antes de meterme no nicho. Este último ten que empezar da seguinte maneira: kirieleison, kristieleison, polo mesmo...
Derradeiro apunte. Non quero nin placas, nin homenaxes, nin discursos (os parladoiros dos veciños que sexan fóra da igrexa), nin rezos, nin bágoas, moito menos berros e... iso, que alguén cante desde o atrio da o "Mi carro" de Manolo Escobar. É para saber se, na última claridade do día, escoito o eixe cantar. Se por un casual ninguén coñece esa canción, admito a de "Negra sombra", en calquera versión, por aquilo de que, a morte, si que é unha mala sombra. É negra!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES