Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (4)

martes, 22 de agosto de 2023
3. Cruceiro da Igrexa
Parroquia: Muras.
Lugar: Muras
Coordenadas U.T.M.: X: 603.369 Y: 4.813.788.

Esta expresión artística, de carácter público, está colocada á beira dunha pista e diante Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (4)da igrexa parroquial. Presenta unha orientación Sw-Ne. Dende unha perspectiva artística está composta dunha serie de partes claramente diferenciadas e dispostas nunha orde ascendente do seguinte xeito:

Unha plataforma formada por dous chanzos superpostos, de cachotería, que amosan unha forma paralelepípeda, e ademaís están revestidos de cemento. Esta serve de apoio a unha base monolítica, granítica, de dous tramos: un pequeño tramo inferior, de forma paralelepípeda; e un tramo superior de forma troncopiramidal; na cara Nw. Pode lerse a seguinte inscrición: "AÑO 1892". A base alóngase nun fuste monolítico, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto; a cara Sw. está ornada co relevo dos símbolos da paixón na seguinte disposición descendente: tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de sete banzos; o extremo superior das caras, agás na situada no lado Ne., hai un rebaixe circular no que está inscrita unha roseta de seis pétalos; na cara Ne. está gravado un corazón. O fuste serve de apoio a un capitel, de forma troncopiramidal invertida, ornamentado con volutas nos vértices superiores das arestas e cabezas de anxos coas ás nas caras.
O cume do cruceiro remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos mais coas arestas achafranadas no resto; ademaís, amosa un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira. O anverso da cruz amosa, baixo unha cartela, unha efixie cristolóxica cos seguintes trazos: coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz mais separados dela ao igual que a cabeza, o lombo, e as pernas; as mans aparecen abertas; o perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre unha caveira. A imaxe de Cristo está franqueada por dúas pequenas imaxes. A da dereita, representa a unha advocación mariana, vestida cunha túnica e manto e que mostra as súas mans cruzadas sobre o ventre; ademaís, tamén amosa o relevo dun corazón cunha cruz no peito. A da esquerda, simboliza a un santiño, que vai vestido cun capa e unha túnica e leva un libro nas súas mans.

4. Cruceiro do Carballal.
Parroquia: Muras
Lugar: O Carballal
Coordenadas U.T.M.: X: 603.324. Y: 4.812.975.

Esta mostra de devoción popular, de dominio público, está colocada nunha intersección de estradas. Posúe unha orientación Sur-Norte. Dende unha óptica artística consta dunha serie de partes claramente diferenciadas, que están dispostas nunha orde ascendente do seguinte xeito:

Un plinto cuadrangular que vale como apoio a unha base monolítica e granítica, na que podemos distinguir Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (4)dous tramos: un pequeño tramo inferior, de forma paralelepípeda; e un tramo superior, de forma troncopiramidal; na cara Sur lese a seguinte inscrición. "EL YLLMO SR O / BIPO D MONDO / ÑEDO CONCEDIO / - DIAS D YNDULGEN / CIAS -ORACI / ON-"/. Sobre a base prolóngase un fuste monolítico e granítico, de sección cuadrangular no extremos e oitavado no resto; a súa cara Sur., esta ornamentada co relevo dos instrumentos da paixón na seguinte disposición descendente: tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de seis banzos; o extremo superior das súas caras amosa un rebaixe cuadrangular no que hai trazadas dúas diagonais en relevo e un roel en cada un dos triángulos formados. O fuste úsase como soporte dun capitel, de forma troncopiramidal invertida, decorado con volutas nos vértices superiores das arestas e cabezas de anxos coas ás nas caras.

O cume do cruceiro remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos seus extremos mais coas arestas oitavadas no resto; mostra tamén unha cruz de tipo florenzada nos extremos do brazo transversal e na cabeceira. O anverso presenta, baixo unha cartela na que pode lerse "INRI", unha imaxe cristolóxica coas seguintes pecualiaridades: coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz mais separados dela ao igual que a cabeza, o lombo, e as pernas; as mans aparecen abertas; as costelas moi resaltadas; o perizoma está anoado ao lado dereito; e as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre unha caveira. A imaxe de Cristo está franqueada por dúas pequenas imaxes. A da dereita, representa a unha advocación mariana, vestida cunha túnica e manto e que mostra as súas mans cruzadas sobre o ventre; ademaís, tamén amosa o relevo dun corazón cunha cruz no peito. A da esquerda, simboliza a un santiño (San Xoán?), que vai vestido cunha túnica e sostén nas súas mans un libro.
O cruceiro amosa un bo estado de conservación.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES