Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A clonación de Pinocho

miércoles, 19 de julio de 2023
Hai anos, en telecinco, había un programa chamado La Máquina de la verdad. A fiabilidade deste espazo non sei a que era pero o certo é que, en determinados temas, buscaba o a verdade ou un xeito de verdade. Agora que vivimos a espectacularización da política, que vén acompañada do político e dos seus palmeiros, conviría ter unha máquina da verdade en cada debate ou ben asumir dunha vez por todas que non hai diferenza entre un debate político e un debate do corazón. Isto último paréceme dexenerar a vida pública que é o que fai o político que minte.

No debate Sánchez - Feijóo, pregúntome que facían alí Vicente Vallés e Ana Pastor. Realmente, actuaron como convidados de pedra nun pulso dialéctico cargado de mentiras e medias verdades que ninguén soubo ou quixo rebater. O tema é que quen debateu son os dous posibles presidentes deste país (independentemente de con quen pacten). Isto significa que xa temos a primeira certeza: dá a sensación de que se vai a elixir entre a imprecisión e a mentira. Nin unha nin a outra deberían formar parte da política pero, tendo en conta que nunca renden contas, un entende que a mentira é un arma máis.

O tema agora é saber a eficacia da mentira e iso saberémolo na noitiña do 23 de xullo. En todo caso, a posibilidade de que unha clonación de Pinocho nos goberne ou desgoberne fica aí.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES