Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (3)

martes, 15 de agosto de 2023
De novo a Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, planificou un novo roteiro de Cruceiros coa finalidade de dar unha percepción obxectiva a unha das expresión máis importantes do patrimonio etnográfico da bisbarra chairega. Esta vez o roteiro empregouse en dar a coñecer algúns cruceiros do municipio de Vilalba. Foi organizado inicialmente, como o de Xermade, polo etnógrafo Mario Saavedra Pérez, e dirixido logo polos membros do equipo de investigación "Carboeira", integrado polos etnógrafos Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e o xa nomeado Mario Saavedra Pérez.

Pois ben, o Sábado 3 de Decembro do ano 2016 uns vinte e cinco asistentes visitaron, acompañados polos devanditos instructores, algunhas manifestacións da arte relixiosa popular, reflectida dun modo esencial nos cruceiros e cruces Neste roteiro colaboraron a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba. No desenvolvemento do roteiro, que foi realizado nun autocar e, tamén, a pé nalgúns tramos, os guías explicaron algunhas pecualiaridades dos seguintes cruceiros e cruces.

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (3)1. CRISTO DO BURGO
Parroquia: O Burgo.
Lugar: A Rúa.
Coordenadas U.T.M.: X: 602.897 Y: 4.813.392.

Esta manifestación popular, de propiedade privada (1), está situada diante dunha casa e preto da igrexa parroquial. A nivel artístico, consta dunha serie de corpos que nunha orde ascendente están dispostos da seguinte maneira:

Un plinto cuadrangular, de cachotería, levantado sobre un penedo. Este serve de sostén a unha base monolítica, granítica, de forma paralelepipeda mais algo irregular, sobre a que se ergue unha cruz latina, monolítica, granítica e de considerables dimensión; amosa unha sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto.

O anverso amosa, baixo unha cartela, un relevo de Cristo moi erosionado, no que ainda se reflicten os seguintes trazos: a súa cabeza ao fronte; os seus brazos están estendidos ao longo da cruz; as mans aparecen abertas; e o seu pé dereito sitúase por riba do esquerdo.

2. CRUCEIRO DE SAMIL
Parroquia: Irixoa.
Lugar: A Igrexa (Lugar dos cruceiros)
Coordenadas U.T.M.: X: 606.918 Y: 4.812.970.
Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (3)
Esta expresión artística, de propiedade dubidosa (2) está emprazada na pista que leva á igrexa parroquial. Posúe unha orientación Leste- W. Dende unha perspectiva artística está formada por unha serie de partes claramente diferenciadas e colocadas nunha orde ascendente do seguinte xeito:

Unha base monolítica, composta de dous tramos: o inferior, de forma paralelepípeda;e o superior, de forma troncopiramidal coas arestas superiores redondeadas; ambos os dous tramos están separados por unha pequena escocia. Na súa cara Sur pode lerse a seguinte inscrición: "AÑO D 1882 SE / HIZO ESTA OBRA PR / DEBOCION D DON / FRANCISCO PERNAS".

Na cara W., únicamente pode lerse: "CREDO".

A base serve de soporte a un fuste monolítico, de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto. A súa cara Leste está ornamentada co relevo dos símbolos da paixón na seguinte orde descendente: tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de oito banzos. O extremo superior das súas caras, agás a Leste, mostra un rebaixe cuadrangular no que está inscrito o relevo dun rombo cun roel no centro e dous flanqueando os vértices superior e inferior.

Dende o ano 2005, faltanlle o capitel e a cruz. Os seus restos encontranse na "Casa do Concello de Muras".

NOTAS:
1. Pertence a "Casa de Vicente Fernández Fernández".
2. Hai quen afirma que pertence a "Casa de Pedro Requeijo" de Samil.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES