Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 19 de julio de 2023
Con destino á emigración

Que Deus reparta sorte. Dixo alguén en referencia ós tres irmáns que estaban a piques de tomar o tren con destino a algún lugar, ou sexa, á emigración. Os tres estaban xuntos e a emoción alagaba os seus ollos. Os tres eran os fillos de Clotilde, A Costureira, e de Ambrosio, O Xastre. A profesión deste non precisa de ningunha Pingas de Orballo palabra máis. Os dous tiñan o seu propio alcume, pero xuntos eran Os Modistos. Como é a xente...
O rapaz máis vello tiña 22 anos e respondía ó nome de Eulogio, O Agullas. Eustaquio, O Dedal, era dous anos máis novo e Emilio, O Tesoiras, outros dous anos menos, é dicir, 18. Semella que estou a inventar os alias e que son de risa, pero, xeralmente, adoita acontecer iso: que son familia e todo queda en familia.
O Agullas tiña intención -segundo lle comunicou por varias veces ós irmáns- de marchar para a Arxentina. Estaba á espera de que saíse o tren para Vigo e alí coller un barco mercante. A economía para o avión non daba de si. O Dedal dicía que optaba por Suíza, para poder estar algo máis cerca dos pais. E xa que Eulogio, O Agullas, cruzaba o charco; Emilio, O Tesoiras, xa tiña todo programado para traballar e vivir en Australia.
Eulogio sempre soñou en traballar e percorrer a Pampa. Xa se vía de gaucho per secula seculorum. Eustaquio conformábase con cruzar os Pirineos e Emilio ansiaba correr entre os canguros e cazar coellos. Soou o asubío do tren. Abrazáronse os tres e os fillos dos Modistos empezaban a facerse homes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES