Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 18 de julio de 2023
Outeiro a outeiro

Saín coa intención de tomar un café e saín coas mans baleiras. Si, sabía que me faltaba o caderno. Por unha vez non me apetecía escribir nada. Non quería escribir nada. Pero en cada paso que daba, a dúbida rabuñaba xa nas asaduras. E que fago mentres tomo o café? Se non escribo, tomo o café e volvo ó momento. Nada, nin dous Pingas de Orballo minutos. Tres tragos xustos de café non dan nin para dous minutos. E saín tamén para, a maiores do café, tomar un pouco o aire, non estar todo o tempo pechado.
Non dei máis pasos. Volvín sobre os que xa dera. Collín o caderno e volta a saír. Algo sairá, digo eu. Se por un casual non escribo, a conciencia queda tranquila. Malo será que algo non saia. Xa teño dito moitas veces que todo é cuestión de poñerse. Antes de min xa o dixera Cela: todo é cuestión de fincar os cóbados e traballar. El referíase máis a inspiración que ás ansias ou non de escribir.
Detrás dunha palabra chega outra, e xuntas forman frases. Certo que hai que saber compaxinalas. Facemos o que podemos. Algúns só facemos vulto, pero... Pero vulto a vulto, outeiro a outeiro facemos unha montaña. Poida que pobre, pero montaña. Que carallo, eu mesmo quérolle máis ós outeiros de Sudalomba que a toda a serra de San Mamede, por moita serra que sexa e por moi bonita que é. Malo será que non saia algo. Xa saíu. Xa podo volver. Marcho, que teño que marchar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES