Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Qué es el populismo?

viernes, 11 de agosto de 2023
Os libros son palabras, frases, capítulos. Un agasallo de ideas. Lugar de encontro de dúas soidades clamorosas, a do autor e a do lector. Pero un libro tamén é forma, follas, pastas. Tamaño, tipo de letra. Este é un libro irritante. Polo formato cativo. Polo tamaño imposible das letras en tempos de presbicia. Desta volta, mellor o libro electrónico.

E iso que o tema é apaixonante. Populismo. Palabra desgastada. Pólvora fácil para políticos adictos ao ruído e a furia. E a argumentarios de medio folio.

O autor vai desenvolvendo e perfilando o concepto ata que aparece con perfís nidios. Para o populismo, condición necesaria é ser crítico coas élites. Pero non abonda. O seguinte, é seren antipluralistas, identificarse e mimetizarse co pobo. Pero a idea dun POBO único, homoxéneo, auténtico nun mudo de mesturas, éche unha fantasía. E a continuación, arrogarse o monopolio moral da súa representación. Fora dela, só quedan os inimigos, os extremistas, os inmigrantes.

Algúns políticos son paradigma de populismo. Así, o 'emperador' Trump, que di representar en exclusividade ao 'verdadeiro pobo americano'. "America great again!", ameazada por extremistas e inimigos exteriores, emigrantes, delincuentes e violadores que xibarizaron o soño da gran nación. Bolsonaro, incrible presidente do xigante sudamericano. Ou Erdogan berrando nun mitin: "Somos o pobo!, ¿quenes son vostedes?". O ultranacionalista indio Modi chega máis lonxe e tenta arrebatar a cidadadía a millóns de musulmáns. E Víctor Orban, o Movemento 5 Stelle, agora Meloni, os vendedores de pócimas do Brexit, Maduro... Representan un perigo para a democracia que precisa respirar pluralismo. E obriga a preguntar: pero... quen está na ponte de mando do goberno do mundo? Uns líderes de brocha gorda que viven nun mundo de fantasía. E din representar a un pobo puro oposto a élites corruptas.

O populismo éche o lado escuro da política representativa. Antielitistas e antipluralistas, só eles representan a esa entidade homoxénea e moral cuia vontade xamais está equivocada: o pobo. Sempre contan coa baza de "pobo real", da "maioría silenciosa" contra os representantes elixidos polo número de votos. O populismo baséase nunha mentira: só hai un pobo e só eles o representan, arrogándose o monopolio moral da representación política.

A democracia plural e representativa non pode atacar aos votantes de partidos populistas. "Son deplorables!", equivocouse Hillary Clinton referíndose aos votantes de Trump. Non se pode excluír aos votantes do debate político, porque non todos son populistas e porque a democracia ten que atraer con ideas mellores e máis robustas ao pobo. A fin de contas, recorda Habermas, o pobo só pode aparecer en plural.

"¿Qué es el populismo?", un libro de Jan-Werner Müller.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES