Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 14 de julio de 2023
Voluntarios para mesas electorais

Detalle simpático o que asomou hai uns días na prensa sobre as citacións para as mesas electorais. Resulta que moita xente xa non lle abre ós carteiros por medo a recibir tales citacións. Levamos unha marcha electoral que xa estamos a miralos e a recibilos como apestados. Pobres. Desaparecida a correspondencia por cartas, agora só quedan os recibos de cobro, as notificacións de Facenda ou Seguridade Social e as citacións electorais. É normal que tremamos coma xuncos e non lles abramos os portais.
Pingas de Orballo Aínda que, a solución sobre as citacións, ó meu humilde entender, penso que está no voluntariado. É certo que a maioría da xente escápalle a ese fastío, pero tamén sei que hai outros, xeralmente mozos, que non lles importaría pecharse todo un día con tal de ganar eses 70 euros prometidos.
Non sei, pero deberíase anunciar de que se precisan voluntarios para as mesas electorais. Ó mellor os concellos levaban unha sorpresa e non se mataban buscando xente nin dándolle desgustos a esa xente. Que non aparecen suficientes voluntarios? Pois vaise ó método de sempre: sorteo.
Digo todo iso porque sei de concellos que lles custa horrores buscar xente apropiada para estar nas mesas. Por unhas ou por outras circunstancias (xeralmente porque non viven no municipio aínda que estean empadroados) é moi complicado completar todas as mesas. A proba é que, en varios concellos pequenos, case sempre repiten os mesmos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES