Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 13 de julio de 2023
Corredor de fondo

A soidade do corredor de fondo. É o título dunha película. Eu tamén son corredor de fondo. Pero rexeito da soidade. Cos meus pensamentos nunca me sinto só. Ás veces dáme ganas de exclamar: que bonitos son os meus pensamentos! Como semella moi melindroso, non o fago. É certo que son bonitos porque só penso neses momentos agradables e felices, tenros e emotivos, infantís e adultos.
Pingas de Orballo Levo tres meses e medio correndo. Só me deteño para o básico: comer, durmir e facer as miñas necesidades; as de campo, claro. Neses tres meses e medio nunca se apoderou de min a soidade; porque me entreteño con esa xente que me acompaña e me afouta e me alenta en boa parte do camiño, porque me entreteño coa música e algún que outro programa radiofónico, porque me entreteño co cadelo Uriarte, que está a facer as mesmas etapas ca min, e porque me entreteño, como dixen, cos meus pensamentos.
Cando algún mal pensamento se quere meter na miña cabeza, asubíolle a Uriarte e el xa entende: empeza a brincar, a rebeirar e a ladrar á miña beira ata que me cansa e aburre, polo que me distraio chamándolle a atención. El pega un chouto e xa seguimos camiño felices e contentos.
A soidade do corredor de fondo. Quen dixo soidade! Estou a atravesar tanto territorio durante tantos días (tres meses e medio) que xa nin sei por onde ando. Nin tan sequera sei se atravesei España ou non. Ó mellor xa ando en Ucraína. Non obstante, Uriarte e eu seguimos.

O feixe dos soños

Desatei o vencello para desfacer o feixe dos soños. Alí había de todo. Pouco a pouco espalláronse desde os desexos ata as ilusións, desde os pensamentos ata as ansias e desde os saloucos ata os aloumiños. Estaba todo mesturado e, agora, cada un colleu polo seu propio camiño.
Pingas de Orballo Cando pensei que xa rematara, vin que no derradeiro vulto de palla, estaban tamén a culpa e a conciencia, a carraxe e a maldade. Souben que era por iso polo que o feixe me pesaba tanto. Pero, quen non ten hoxe en día un chisco de maldade, de mala sombra? Para todas estas usei a solución máis simple e sinxela: cunha patada ó nobelo mandei todos eses negativismos polo río abaixo.
Aproveitei o vencello para atar un novo feixe, que completei tan só con bo desta vida. Si, xa sei que hai maldade, pero esta metereina no último envurullo de palla, como fixera antes. Todo o resto serán soños nocturnos, pensamentos diarios, sentimentos agradables, xogos infantís, lecturas eternas, obras mestras cinematográficas e pingas de orballo.
Agora toca coller o vencello coa man esquerda, meter a man dereita por debaixo do feixe, xemer coma se rematara o mundo, e erguer. Erguer con ansia e con gozo, todos os intelectos, todos os raciocinios e todas as ideoloxías deste ir e vir adulto.
Xa co feixe no lombo, noto a súa lixeireza, o que significa que a inocencia ou a absolución, no feixe, imperan máis que a conciencia e a culpa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES