Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 12 de julio de 2023
Guerra ás toupas

Erguín cedo, cando aínda non saíra o sol. Sen almorzar e demais demora, baixei ata o terreo e díxenlle ás toupas que se querían guerra, terían guerra. E nada de produtos nin remedios caseiros nin rabo de gaitas; alí mesmo, do palleiro, collín un sacho e berreille ós tálpidos que xa que non quixeron evitar a guerra, ían saber o que era unha trincheira.
Pingas de Orballo Como a finca é bastante pina, empecei por abaixo. Porque non son parvo e sei que, para abaixo, todos os santos axudan. Cavei coma un posuído, como nunca cavara na miña vida, e a tal profundidade que as toupas non terían para onde escapar. Cando levaba uns cinco metros cavados suaba coma un carneiro e, o peor, aínda non atopara ningún bicho deses.
Guerreiro como era (frío, metódico, implacable), non desfalecín e seguín dálle que tumba. Tumbaba a terra ós meus pés pero, as malditas, seguían sen aparecer. Na metade da leira sentei para tomar uns folgos e comer un cacho de pan con touciño; recordando vellos tempos, ou sexa, graxa e máis graxa ó bandullo.
Nin tan sequera alonguei o descanso para botarlle un cigarro. Estaba ansioso por ganarlle a batalla ás toupas. A finca xa non era trincheira nin nada semellante; era unha escavación como para as construcións dos rañaceos. Por sitios incluso xa nacía, xa saía auga. No derradeiro metro souben xa que non atoparía ningún bicho negro. Ganáronme a guerra sen esforzo e caín completamente derrotado. Este ano non comería nada da horta.

O fouciño fai milagres

O tempo non pasaba. O aburrimento imperaba. Sempre me angustiei ante tal aburrimento. Había que vencelo. Marchei correndo á palleira. Mirei, estudei e pesei cada fouciño. Collín o máis lixeiro. Partín correndo a matar extraterrestres.
Pingas de Orballo Aterraran no noso planeta xa no ano da pera. Ningún ser humano soubo nin sabe desde cando están entre nós. Os entendidos din que desde moito antes dos dinosauros. E, os moi condenados, son mestres na camuflaxe. De aí que aínda non conseguiramos exterminalos. E iso que eu non lles dou cuartel. Xa non sei cantas veces saín con ferramentas ó lombo, desde aixadas e sachos ata fouces a gadañas.
A maioría das súas camuflaxes son de árbores e tamén de humanos. Polo que non é tan fácil acabar con eles. Ás veces non son quen de cravar o fouciño nun vello carballo, porque este semella tan fermosos e tan recio que dá pena cortalo. Teño que perder moito tempo esperando, ata que lle noto algo que me di que é un maldito bicho. Ó descubrilo, non ando con lerias: doulle con ansia. Cando se camuflan de humanos, nótaselle na súa man dereita: da palma sae un avultamento que semella un teto.
Tales bichos ou extraterrestres ou alieníxenas seica proceden do planeta Eresus, que está moito máis alá do infinito. Que xa é unha boa distancia. Non necesito ir alá para exterminalos. Acá o meu fouciño fai milagres.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES