Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Usando a razón

jueves, 13 de julio de 2023
Dise que o ser humano é o único sobre a terra que ten capacidade para razoar.
Tamén se sabe que os animais posúen intelixencia pero actúan por instinto.
E o reino vexetal segue as normas que a propia natureza lle marca.

A NATUREZA É MOI SABIA PORQUE ESTÁ REXIDA POLAS NORMAS DA SABEDORÍA.

Cando eu era nena, dicíase que viña o uso de razón ós sete anos, e por eso se recibía a Primeira Comunión a esa idade, aínda que eu penso que non era tarde para algo de tanta importancia.

A Psicoloxía dinos que a intelixencia medra toda a infancia e a partir de aí xa o ser humano vai madurando segundo as súas circunstancias persoais.

O certo é que teño coñecido nenos moi maduros a idade moi temperá e tamén persoas con moitos anos; pero con pouco sentidiño.

Ter pouco sentidiño equivale a non usar axeitadamente a razón.

AFORTUNADAMENTE HAI MOITAS PERSOAS QUE FAN USO MOI CORRECTO DA RAZÓN E VAILLES MOI BEN.

-HAI CRIATURIÑAS que saben aproveitar desde moi pequenas para ir medrando en sabedoría e bondade.

Os Mestres, que son os que mellor coñecen a infancia, xa perciben nelas o tipo de persoas que van ser na súa idade adulta, porque xa apuntan maneiras desde moi cedo.

-HAI RAPACERÍA que ten moi claro que debe aproveitar esta etapa da vida para formarse con formalidade.
Non soamente formarse, senón formarse con formalidade.
Sabe que na vida sen formalidade non se vai a ningunha parte que mereza a pena.
E sen un certo grao de formación académica tampoco.
Por eso saca o mellor de sí ademáis de divertirse sanamente como lle corresponde.

-E, naturalmente, TAMÉN HAI MOITOS ADULTOS que fan moi bo uso da súa razón; ós que debemos moito agradecemento.
Hainos en tódalas clases sociais e en tódalas latitudes; e, por suposto, en tódalas profesións.

SON AS PERSOAS DE BEN QUE SOSTEÑEN O MUNDO.

-E NA ANCIANIDADE TAMÉN HAI moita serenidade acumulada e moita razón empregada.
Este tipo de ancianidade é un manancial inesgotable de sabedoría, porque SABE ESTAR e ademais está ó día porque O SABER NON OCUPA LUGAR.

TODAS ESTAS PERSOAS SON AS QUE ESTÁN DANDO ALENTO A UN MUNDO UN TANTO CONTAMINADO...

O seu labor calado ten moitísimo peso no benestar universal.

TRÁTASE DE PERSOAS SENSATAS QUE SABEN APROVEITAR OS SEUS TALENTOS, E PÓÑENOS A PRODUCIR NON BANCO DA VIDA PARA QUE DEAN O MÁXIMO RENDEMENTO EN CALIDADE E CALIDEZ HUMANAS.

Son persoas que están no mundo sen deixarse arrastrar polo muldanal ruido.
Non lles resulta doado manterse firmes no que consideran que é o máis razoable porque sofren moita presión social.
Por eso teñen moito mérito.
Seguramente que a quen lle resultará máis difícil sexa á infancia; pero, aínda así, HAI MOITAS CRIATURAS COA CABECIÑA NO SEU SITIO PORQUE TEÑEN DETRÁS UNHA FAMILIA QUE ÁS ANIMA E AS RESPALDA.

Este tipo de persoas deberían ter moito apoio dos poderes públicos.
Sería unha boa maneira de estimular a outras a usar razoablemente a súa razón.

SE EMPREGÁRAMOS MÁIS E MELLORES MEDIOS EN PREVENCIÓN, AFORRARÍAMOS MOITO EN CORRECCIÓN.
Desafortunadamente temos que gastar moito en corrección porque usamos pouco a razón.

A boa educación, empezando polo fogar, e o correcto uso das facultades mentais cómpre compartilas para que vaian medrando cada día máis.
Neso consiste a evolución humana.

"IR MEDRANDO"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES