Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Hable usted español y no sea paleto'

martes, 11 de julio de 2023
Si, un rótulo así figuraba en moitos concellos de Galicia xa en plena guerra civil e ben tempo despois. Evidentemente era unha consigna que o franquismo trataba de levar ata as últimas consecuencias malia que, en puridade, a inquina e o oprobio contra a nosa lingua ven de moi atrás. Certo que o franquismo puxo toda a súa porfía en rematar coas linguas que outrora foran vehiculares no resto de España e impor unha sola, o castelán, que deron en chamar español co gallo de deixaren as cousas claras. Se é verdade que queda moito camiño por percorrer non é menos certo que se avanzou 'Hable usted español y no sea paleto'no rexurdimento, e a trancas e barrancas imos camiñando. Arestora a diglósia é palpábel e xa que logo a desigualdade manifesta, pero foise perdendo o complexo de inferioridade imposto a plena conciencia dos impositores... Falar galego era disgregante o que significaba rachar coa unidade de España e os falantes considerados rebeldes disidentes. Isto foise superando e xa non rexe a nivel xeral. A lingua galega debe ser patrimonio do pobo galego: considerar que pertence a un grupo determinado, un craso erro. Na realidade a cousa consiste en tratar de convencer aos que se senten "paletos" por falaren na súa lingua que deixen de selo e se acheguen á lingua nai (a min gústame esta denominación) sen complexos malia que o meu querido e lembrado amigo Manuel María algunha vez chegou a ironizar con este apelativo.

"Si eres español, habla español" era outro dos slogans ao uso editados en afiches coa esfinxe de Franco que o réxime colocou en fachadas e muros de Cataluña, Galicia e País Vasco para deixar ben clara a pretensión de que só había un idioma. E o que queira falar galego que o faga na intimidade, se pode ser en voz baixa, non vaia a ser que se decaten os veciños. Lembren cando despois o "políglota" Aznar falaba catalán na intimidade.

Perante o tardofranquismo algúns gravamos discos en galego con grandes dificultades, todo hai que dicilo (suspensións, censura, multas, etc). Lembro que unha das persoas vencelladas á editorial disicográfica Edigsa era Manuel Conde, avogado de Toledo, que falaba perfectamente galego. Conde viviu en Ferrol e fomos moi amigos ata o seu falecemento. Non era galego, amaba a Galicia e falaba na nosa lingua e... non lle importaba que algúns o considerarasen "paleto". Como tampouco lle importa ao bispo de Ferrol-Mondoñedo Fernando, chegado de Burgos, un exemplo de coherencia para cregos e laicos galegos porque descobre o valor da lingua como expresión de "clase" xa que procede de familia proletaria, cousa que os crentes ou descreídos lle temos que agradecer.

Sempre defendín que falar galego non se fai por decreto lei. Non hai lei que decrete os sentimentos e neste caso son estes os que teñen un papel importante neste Rexurdimento que non remata aínda. Imos paseniño si, pero imos.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES