Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (2)

martes, 08 de agosto de 2023
III. Cruceiros, Cristos e Cruces do Municipio de Muras
Por imperativo do Plan de Comarcalización de Galicia (1) puxémonos a inventariar e catalogar os cruceiros, cristos e cruces de Muras, encontrando 117 manifestacións artísticas. Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (2)
Con respecto aos cruceiros, vinte son os cruceiros existentes, dos que o máis antiguo de data coñecida é o de Samil, do ano 1882. Da mesma centuria é o situado diante da igrexa de Muras (1892) e, probablemente, o do Parque; o do Carballal; e o de Vilar, se ben este último é de comezos do século XX. No obstante, estes xunto co do adro da igrexa do Viveiró, e o da capela do San Antón da Xestosa, constituen os exemploas máis salientables.

Máis numerosas son as cruces, das que localizamos un total de 94. Hainas altas e baixas, de granito; xisto; madeira; e mesmo metálicas. Delas cómpre sinalar especialmente tres do século XVIII: a de Vilariño, de 1787; a do Cristo, de 1797; e a de Astante, de 1798. Tamén, é mester salientar a do Rego do Aro (Burgo), cruz de grandes dimensión colocada por Salvador Gómez no ano de 1802.

En canto aos cristo, cómpre manifestar que Muras conta con tres exemplos, se ben dalgún só se conserva a base. O máis relevante é o do Burgo, a pesar de que a efixie do Redentor está moi deteriorada.

DISTRIBUCIÓN DOS CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCES POR PARROQUIAS
Roteiro sobre algúns cruceiros e cruces do municipio de Muras, Lugo (2)

NOTAS:
1. A nova división comarcal de Galicia foi establecida no Decreto 65/1997 de 20 de Febreiro.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES