Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Territorio de Gracia da 'Capela do Ecce Homo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (4)

martes, 11 de julio de 2023
Rituais colectivos propios dunha liturxia oficialista
1. As misas

O día 14 algúns cregos da bisbarra axudaron ao párroco da vila a oficiar misas rezadas Territorio de Gracia da 'Capela do Ecce Homo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (4)dende as nove ou dez da mañá ata primeiras horas da tarde. O día 15, considerado dende hai anos como o día principal da festividade, ademaís das misas rezadas celébrouse ás 13 horas unha misa solemne, que foi concelebrada por varios cregos da bisbarra; esta case sempre foi presidida por un un crego ou coengo, de relevante formación eclesiástica, que era invitado para este menester e, tamén, para impartir a homilía. O día 16 sempre foi considerado como local, de tal xeito que os asistentes aos oficios relixiosos, coincidentes cos do día anterior, adoitan ser fregueses da localidade.

2. A Procesión
Ao rematar a misa solemne saiu a procesión, que percorreu unha boa parte da estrada Lugo-Monforte ao seu paso por Rubián, continuando por algunha praza e rúas da localidade para retornar á capela. Nela interviron os seguintes elementos, dispostos do seguinte xeito: Un estandante da Inmaculada Conceución, que foi portada por un fregués da parroquia. Unha cruz de madeira coa efixie de Cristo no anverso, que foi levada por un membro da familia Armesto. Unha imaxe de San Roque, que foi portada nas andas por catro rapaces da vila. Unha imaxe de Santa Rita, que foi levada nas andas por catro mozas da comunidade. Unha imaxe da Conceución, que foi portada nas andas por catro devotas da localidade. Unhas imaxes do San Antón, do Xesús Nazareno, do Santiago peregrino, e dúas do Ecce Homo, que foron levadas nas andas por catro devotos e confrades do Ecce Homo. Entre as dúas imaxes do Ecce Homo: un vestido cunha capa e atado cuns cordeis; e outro, atado a columna da flaxelación, vai un varal de madeira cuns parafusos, dos que van penduradas figuras de cera ofrecidas Territorio de Gracia da 'Capela do Ecce Homo' de Rubián, Bóveda (Lugo) (4)por devotos/as; este, tamén foi portado nas andas por catro fregueses da comunidade. "A imaxe do Ecce Homo vai acompañada de figuras de cera, que simbolizan as distintas partes do corpo humano. Os devotos que acuden a este oficio lo hacen para pedirle a los santos curación a sus males. Por ejemplo, si tienen un problema en el brazo, se representa esta extremidad, y así con el resto de miembros". Logo da imaxe principal do Ecce Homo ían algunhas devotas vestidas cun hábito morado; algunhas, descalzas. Estas ían mesturadas cos cregos concelebrantes e outros devotos/as.
A procesión é un ritual relixioso que ten como finalidade expresar pública e colectivamente un culto, un diálogo coa divindade correspondente. Utiliza normalmente un espacio fora do templo que pasa a ser un soporte para esa hierofanía, para esa manifestación relixiosa. Polo tanto, ás rúas, as prazas, e calquera espacio de acollida do ritual recibe unha reinterpretación con posibilidade de valores de sacralidade. Deste xeito, as imaxes, que saen na procesión, santifican o espacio que percorren, proporcionando unha enerxía positiva a todos os seres, tanto persoas como animais, que se encontran en dito espacio. "Dando una vuelta alrededor del santuario, la imagen santa o la reliquia sacralizan no sólo a las personas y a los animales, sino también a todo el entorno geográfico"... Polo tanto, un dos obxectivos básicos da procesión é que a imaxe de devoción saía temporalmente do seu espazo sagrado para renovar e potenciar a súa acción protectora e purificadora de cara ao exterior. Deste xeito a imaxe acada a plenitude da súa funcionalidade. Non resulta estraño que este ritual sexa considerado como "grandioso", "solemne", "maxestuoso" e de "gala".
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES