Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 11 de julio de 2023
Hai xente lista

Dicía un que se o ser humano non respira durante un bo tempo, acaba morrendo afogado. Que para vivir hai que respirar ou, tamén, que hai que respirar para vivir. Aí souben que hai xente lista. Que vivir ten a súa explicación, o seu aquel.
Pingas de Orballo Dicía outro que as negociacións, acordos e promesas políticas entre moitos, non procede. Porque xa sendo un só é máis que complicado proceder ó acordado, entre moito é, sinxelamente, unha bagatela. Todo acaba rachando. E, si, incluso na política hai xente lista. Nela é onde máis listos hai.
Dicía un terceiro que se as pingas de auga caen sobre a túa cabeza é porque veñen de arriba. Xa non especificou moito se virían das nubes ou de, por exemplo, o campanario da igrexa de Baños de Molgas (que está alto de carallo), ou se serían as pingas "menores" do avión que acababa de pasar. Tamén o listo este acabou confesando que as pingas de orballo estaban máis ben baixas que altas.
Segundo non hai dous sen tres, tampouco hai tres sen catro. Efectivamente, dicía un cuarto que cando o río corre, auga leva. Este cuarto tamén é listo. O río Arnoia, ó seu paso por Baños de Molgas, corre para abaixo e, aseguro, que auga leva, aínda que á entrada mesmo da vila non é que corra moito; máis ben baixa mansa, pero corre. Levo un cacho seguindo o consello do primeiro interlocutor: que respiro e por iso aínda vivo. Si, penso facelo por moito tempo. Para seguir vendo como pasa, correndo ou mansamente, o río Arnoia e como a xente lista poboa a Terra.

Detrás do home

Chamei polo home que estaba a atravesar as leiras do Piual. Chamei por el desde o cemiterio de Baños de Molgas. Como non me oía, optei por asubiarlle. Porque o asubío ten máis decibelios que unha chamada. Ó mesmo tempo, tamén lle berrei. Non houbo maneira. O home ou era xordo ou a miña potencia era escasa. Non fixen máis intentos. A solución estaba en botar a andar ou a correr para ir detrás del.
Pingas de Orballo Saín do cemiterio e collín o estreito carreiro que leva ós Piuales. Como tampouco a présa era moita, coloquei música nos meus oídos e seguín o ritmo das cancións e temas instrumentais. De cando en vez, cunha vara, tiña que apartar de mala maneira as silvas que cruzaban o carreiro. Á altura das primeiras fincas do Piual atopei un lagarto morto ó que lle recei alí mesmo un responso de kyrie.
Rematada a oración seguín de novo os tres pasos do primeiro parágrafo: chamada, asubío e berros. Nada; o home xordo coma unha tapia. Alcanceino á altura das Pedradarcas. Xusto cando ía falar con el, vin que non o coñecía de nada, que non era de Baños de Molgas. Vaia corte!; tanta desesperación para nada.
Disimulei seguindo o meu camiño ata os Pontóns. Alí fixen coma que buscaba os marcos da leira que me tocara en herdanza. Digo que disimulei porque penso que o home si me oíra, pero... Ó volver para a vila cruceime con el, mirámonos e non nos dixemos nada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES