Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subasta de activos

miércoles, 28 de enero de 2009
Caixas e bancos teñen o diñeiro como materia prima e básicamente o seu negocio está en mercar diñeiro ós impositores ou ó Estado a un determinado precio, e vender ou alugar ese diñeiro ós seus clientes a través de préstamos a un precio maior co conseguinte beneficio para a entidade.

Teñen, naturalmente, estas entidades outros medios de conseguir beneficios pero alomenos en teoría este descrito é o principal, no que todos en algún momento e en algunha medida estamos implicados xa que non se entende a sociedade actual sen o progreso económico persoal e familiar a base de investimentos financiados con cretos.

Caixanova e Caixa Galicia veñen de acudir á recente subasta de activos, terceira das efectuadas polo goberno para facilitar liquidez a estas entidades, cun custo de arredor do 2,7% de interese anual, o que evidencia o tremendo beneficio que obteñen as entidades de crédito cando aplican os intereses que todos coñecemos e nada teñen que ver con este punto de partida.

Por outra parte, e sendo esta unha das medidas que o Goberno puxo en marcha para a revitalización da economía parece como un gran parche derivado da posta en funcionamento da máquina de facer diñeiro, con resultado dubidoso porque no mercado non se rexistra o clima de tranquilidade e fluidez preciso para a boa marcha das economías das pequenas empresas e das familias.

O goberno abre o creto para as empresas especializadas en dar cretos. Pero estas non abren as espitas polas que deben fluir os fondos precisos para o bo funcionamento das pequenas empresas. ¿Qué falla no sistema?. ¿Onde se para ese fluir de diñeiro por parte das empresas crediticias?. ¿Ou están solucionando os seus problemas primeiro para abordar cando se cadre os problemas xerais?. ¿Pasa o mesmo que nos Estados Unidos que o goberno non sabe que pasou cos trescentos cincuenta mil millóns de dólares que deu ós bancos?.

O noso goberno di que non pode facer máis. Estamos, pois, en punto morto ou tempo morto. Pero esto non pode durar sempre.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES