Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 07 de julio de 2023
Nas esperas

Botáronme fóra. Do lugar no que estaba. A solución era fácil: saír, marchar. Foi o que fixen. Pero, primeiro, collín o caderno. Porque sabía que estaría un tempo fóra e un non pode perder o tempo. Nas esperas sempre fago dúas cousas: escribir ou ler. Porque a terceira cousa ódioa: aburrirme. Así é que, mentres tomo o café, escribo. Porque saín a tomar café, claro. Cando saio, sexa de onde sexa ou sexa a onde sexa, case sempre o fago para tomar café e escribir ou para ler.
Pingas de Orballo Ás veces é certo que contemplo os biosbardos, poucas, ou que asubío para matar o tempo, cada vez menos. O paso da idade vaime quitando gustos, afeccións, pasatempos, etcétera. É verdade, agora asoman outros entretementos, coma o uso dos móbiles, e aínda que me considero con eles moi torpe, moi mamalón (como só funciono con un dedo, nos erros xa lle boto a culpa ó "dedo romo"), voulle dando: ó feisbuq, ó Marca, ó guasap, ó espotifai e ó trivial. O mellor é o trivial, que me gusta para exercitar a memoria e porque sempre fun un fanático dos xogos ou tests culturais.
Creo que o tempo de estar fóra xa se está cumprindo. Que remedio; como estou rematando o relato, non hai máis que facer (o café xa hai tempo que baixou pola gorxa) e haberá que volver. Se aínda non me deixan entrar no lugar no que estaba, e como deixei o libro dentro, non me quedará outra que botar man do trivial. Unha boa opción. Non me aburro e sempre aprendo algo.

Un bocado sublime

Hai uns días, xa bastantes días, mellor aínda, vaia para un mes que me atopei coa nova neste mesmo xornal sobre a preocupación de que as receitas das ancas de ras están en extinción.
Foi ler iso e lembrar aquelas mañás no monte Medo e aquelas tardes no monte de Pinouzos. Tanto nun coma no outro, sempre había lugares nos que imperaban ese batracios, principalmente no de Pinouzos, onde se atopa a lagoa de Almoite e a charca de Barricobos. Pingas de OrballoNesas mañás e tardes non tardabamos en planear a caza e captura dunha morea de ras, as suficientes para que as súas ancas nos desen para o almorzo ou para a merenda.
Ben fose coas varas, ben fose coas mans, cazabámolas entre risas e exclamacións. Despois chegaba o proceso da corta das ancas, da esfoladura da súa pel e, por suposto, o seu asado. Armabamos a fogueira, colgabamos os zancos nas mesmas varas ou en calquera caxato e, pouco a pouco, collían color. Había veces nas que xa non esperabamos a ter o menú completo; desde o propio caxato ou vara, e case queimando, pasaban directamente ás nosas bocas e o seu sabor era gloria bendita. Se había pan, comíanse con pan e, se non, pois case daba igual, así saboreábase mellor a súa exquisitez. Era un dos bocados máis bonitos e gustosos que había.
Desde rapaz, desde aquela época non as volvín comer e recoñezo que, a 50 anos daquilo, as sigo botando de menos. Si, unha faena que estean en extinción porque é un bocado máis que rico... sublime!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES