Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inmensidades galácticas

lunes, 03 de julio de 2023
Creo que a imaxe que temos do Universo é a desa inmensidade azul, silenciosa e pouco máis alá dos oito planetas que coñecemos, ou nove, pois aínda temos na memoria ó Inmensidades galácticaspobre Plutón. Inmensidade polo que oímos e, ás veces, polo que imaxinamos. Mais non conseguimos, na realidade máis real, facernos á idea de tal inmensidade ata que empezamos a saber ou ler de certas distancias.

Resulta que a nebulosa Gato Sorrinte ten uns 150 anos luz, ou o que é o mesmo, 1.419 billóns (con b) de quilómetros e atópase, ollo ó dato, a uns 15.000 anos luz de distancia deste servidor que escribe, na constelación de Monoceros, Non fago a operación matemática en converter eses 15.000 anos luz en quilómetros porque, aínda que soubera facela (que, non sei, non sei...), penso que non sabería lela. Como para non alucinar.

E se aí xa alucino, na seguinte noticia ou inmensidade galáctica xa me perdo. A nave Euclid realizará unha misión espacial planificada pola Axencia Espacial Europea que consistirá en explorar o lado máis escuro do universo, segundo informaba a prensa o pasado sábado. Durante seis anos observará miles de millóns de galaxias para debuxar un mapa cósmico máis que preciso.

No segundo parágrafo falaba de cantidades inmensas en cuestión de anos luz e quilómetros, agora tal cantidade refírese a galaxias, das que este paspán tan só sabía fixo da nosa, da Vía Láctea. E resulta que hai miles de millóns. É máis, segundo os astrónomos que estudaron o conxunto de imaxes do Hubble (ese famoso telescopio espacial) estiman que hai máis de 1 billón delas. Non 5, nin 6, nin 10... 1 billón. Aquí tamén me perdo xa.

Ante tal inmensidade e descoñecemento, como non me vai gustar todo ese universo galáctico. Non sei, quizais influenciado polas fermosas imaxes e os impresionantes silencios nese espazo sideral de certas películas de ciencia ficción. Logo, para máis aquel, se deixamos libre á imaxinación, ese mundo exterior pode enchernos de asombro e confiar en que, co tempo, poidamos facer turismo por esas estrelas, astros e materia cósmica. A gran pena será que iso non o verán os meus ollos. É igual; subo ó faiado, collo o traxe de astronauta... e soño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES