Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Voto por correo

miércoles, 05 de julio de 2023
Non entendo moi ben o número que se está montando nos faladoiros polo tema do día elixido para as eleccións. Coido que é verdade que non foi a mellor decisión e que un proceso electoral nacional en xullo nin é usual nin ten moita lóxica. Agora ben, non creo que a ninguén que queira votar se lle impida facelo. Para facilitalo hai moitos anos que existe o voto por correo. Entón, se cadra institucionalmente o que hai é que promover que as persoas vulnerables recorran a este sistema que é un servizo imprescindible e básico.

Por outra parte, temos que reflexionar unha idea: estamos dixitalizando toda a Administración e promovendo que as persoas vaian pouco a pouco familiarizándose con dita dixitalización. Non é posible artellar un sistema seguro de voto telemático? Evidentemente hai que asegurar a transparencia e hai que facelo coa calma necesaria para garantir a limpeza do proceso. Agora ben, nos tempos de hoxe pódese evitar que unha meteoroloxía adversa inflúa nun proceso electoral.

Polo tanto, este argumento da calor e das vacacións resúltame difícil de dixerir por pueril. Todos sabemos os prazos de Correos e como podemos facer para exercer o dereito. Se alguén non o sabe é unha información accesible a través de distintos medios. Ou é que non somos unha democracia tan madura como nos contan?
O que si se debera ter en conta é a necesidade de acondicionar os locais para as persoas que obrigatoriamente teñen que ir a unha mesa electoral. O demais parece unha arma electoralista, lexítima pero electoralista...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES