Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasamos das lareiras á cultura globalizada (4)

martes, 18 de julio de 2023
.../...

As guerras son abortos da cultura

As guerras, todas, tanto as presentes coma as pretéritas, e pasará o mesmo coas futuras, tiñan, tiveron, teñen, e terán, como motivación, e tamén como execución, o enfrontamento dos "niños pijo", chuletas, finos e baleiros, que pretendían, que pretenden, montar sobre o asnal da veciñanza, que así lles chaman, na súa cegueira, na súa petulancia, no seu orgullo, aos veciños cultos, xeralmente máis cá eles. ¡Envexa, medo a quedarse apeados no evoluír da prosperidade circundante!

¿Onde podo atopar un ditador, un guerreiro, que sobresaíse pola súa cultura, ou por axustar os seus ditos aos seus feitos? En España, non; e fóra dela coido que tampouco. A forza bruta, a brutal, sempre foi inimiga da sensibilidade cultural, pero, aínda así, teñen devotos, máis dos que tivo, e ten, aquel humilde, aquel santo de Asís. ¿Por...? ¡Está claro: a soberbia é diabólica; coma as serpes, arrástrase e arrastra.

-.-

A guerra de España foi, tamén, unha eclipse cultural.
Pasamos das lareiras á cultura globalizada (4)
¡Tantas escolas que fundara a república, entre elas a miña, esta de Maxide, e tantos mestres aprobados, que despois foron ¿depurados?, coa incivil a cultura tivo unha freada, en seco, como agora se di!

P. Sarmiento: "Si han de saber algo, se lo han de enseñar los labradores de Galicia, que para la agricultura de su país respectivo saben más durmiendo que todos los académicos de Europa".

E menos mal que o noso ¿Fhürer? emigrou para o inferno, e que comezou a "Guerra Fría", que así os americanos tivéronos por ¿amigos?, ¿aliados? posibilitando a nosa restauración das relacións internacionais, ¡polo menos dalgunhas! Nesas circunstancias, aínda que amodo, "suai, suai", volvemos a colle-lo tren da globalización cultural, da mundial.
-.-

Inimigos da República?

Dende o Cantábrico ao Magreb:
- A falanxe, que bebeu aquel vinagre do fillo de Primo de Rivera, desterrado de España para darlle paso á Dictablanda de Berenguer. O Primo vello, que de primo só tiña o apelido (¡contradiccións, como que don Hermenegildo se apelidase Franco!), enfrontárase aos avances dos traballadores, en particular a U.G.T.; e logo estaban as protestas, abundantes, pola súa política intervencionista, o incremento dos impostos...; en definitiva, chulerías e vaivéns de capitán general con mando en praza, así que..., ¡a París, un desterro máis; e menos mal que non o mandaron a Fuerteventura, como el mesmo fixera, pouco antes, co pensador Unamuno, simplemente porque pensaba! O clima de París sentoulle mal, así que aos poucos días foise para un sitio do que non o desterrarán ata o Día do Xuízo Universal. O seu fillo, José Antonio, un tío simpático pero chuleta, quixo reivindicar ao pai, civil pero con pistola, de paso que cantaba o Cara al Sol en vez de ofrecerlle responsos.

-Os militares, tan acomplexados estaban que ansiaban colgarse medallas en lugar das cruces que merecían polos erros que viñan arrastrando.

Por partes, comezando pola armada. Aquela Invencible, da que dixo o rei: "Yo no mandé mis barcos a luchar contra las tempestades". Pois si que os mandaches, que só a un rei de España se lle houbese ocorrido poñer de almirante a un castelán de terra adentro, o duque de Medina Sidonia, que só navegara na súa bañeira, e para iso con auga quente.

- Aquilo de Cavite... Ao mando de Montojo. ¡Vaia apelido, ¿marítimo?, que logo parece significar en castelán "el del monte del tojo", dos toxos! Desta batalla os seus analistas dixeron que, "...las cuatro piezas modernas de gran calibre con las que pensaba artillar el arsenal no habían sido instaladas por un conflito de jurisdicciones, si era el Ejército o la Armada quien debía hacerlo..., etc". ¡Que ben o dixo Fraga canto opinou que “Spain ist different!".

-Aquilo da clave da Marina... ¡Oínllo dicir ao propio Comandante Cantalapidra, cando eu era mecanógrafo seu no Consejo Supremo de Justicia Militar, así que non digades que o invento: "...nada más conocerse en la tarde del 17 de julio de 1936 que el Golpe de Estado había triunfado en el Protectorado de Marruecos, el ministro de Marina José Giral, que dos días después acabaría presidiendo el gobierno de la Segunda República Española, ordenó que varios barcos de guerra se dirigieran al estrecho de Gibraltar para que bloquearan el paso a la península de las tropas coloniales y bombardearan, junto con la aviación leal, las posiciones rebeldes en Ceuta, Melilla, Tetuán y el golfo de Cádiz". A clave para coñecer a posición dos buques que cortarían o paso do Estreito souboa, ou descubriuna Cantalapiedra, así que miúdo favor lle debía Franco!
Pasamos das lareiras á cultura globalizada (4)
-O desastre de Annual. Dous factores. Un, que aquela avanzada tivo de motor unha ambición sen medida, unha, equivocada, orgullosa e mal definida política de expansión territorial, se cadra para esquecer fortes tensións internas -1.060 folgas no ano 1.920-, co señuelo dos ricos, ou non tan ricos: Minas do Rif, xacementos de ferro, chumbo, cobre, antimonio, manganeso, prata e lignito. A outra foi que

Silvestre avanzou, esparexeu a tropa, por centos de quilómetros cadrados, confiado na promesa do seu amigo e protector de que lle mandaría reforzos abundantes, pero aquel Borbón, ¡outro, outro Borbón!, en vez diso foise de..., diso que acostumaban facer os Borbóns, herdeiros de Isabel II!

Mandamos, ¡mandaron!, reforzos para recuperar, pero as xoldas, a anestesia das xoldas: "...el capitán Franco, hermano del futuro caudillo, que en el cine Alfonso XIII completamente borracho se quita el uniforme, se queda desnudo ante el público y trata de violar a la cantante hasta que lo sacan de escena". (Pax. 71, Annual el desastre de España en el Rif 1921, de Manuel Leguineche).

- Os fillos dos caciques. Temerosos de que as escolas da República acabasen coa submisión da..., ¿da plebe?, dos tributarios.

-¿Que, ou quen máis? Se isto o le algún rapaz, e quere ampliar, que lle pregunte a seu avó, pois tanta casuística non cabe nun libro.

.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES