Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Olga Louzao

miércoles, 28 de junio de 2023
O Cantar do Cid pon en boca dos burgaleses que contemplan o paso do Campeador: "Dios, qué buen vasallo, si tuviese buen Señor". Hoxe non hai vasalos nin señores, senón homes e mulleres libres que cando se dedican á política se poñen diante de nós para ser xulgados e, ao elixilos, comprobar que cumpren o que prometeron.

Quere o tópico que, nun naufraxio, sexan os ratos os que primeiro abandoan a nao, e o capitán, por responsabilide, o último. Penso en Olga Louzao e digo -actualizando a frase- que boa política resultaría ser se tivese un partido á súa medida!.

Hai que recoñecerlle a Olga -o meu trato con ela foi esporádico e circunstancial- a conciencia do lugar que ocupaba e a responsabilidade no exercizo da función, con permanente sorriso, con talante e talento, dialogando, mantendo o tipo, facendo oposición porque tocaba; atendendo os asuntos lucenses porque tocaba.

Falouse moito e ben do seu papel, a continuidade nas funcións, a firmeza de manterse nunha linea ideolóxica e de acción mentras todo ao arredor facía crise, e algúns dos seus iguais a escala nacional buscaban cómodo acomodo diante dun futuro imperfecto.

Olga Louzao mantívose no seu lugar ata o final e máis despois, deixou o concello para comprobar que hai vida despois da vida e confortoume saber que o día da constitución da nova corporación acudiu en familia ao festival O Son do Camiño, que seguro lle soou a música celestial despois de tanto bailar ao son doutras músicas. Diante da volta á vida normal e real dunha muller firme en pensamento e accións, quero desexarlle que, en política e fóra dela, "a vida lle vaia bonito".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES