Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 05 de julio de 2023
Medo ó coma etílico

Pillei unha melopea que pensei que me mareaba. Son abstemio. Pero, de cando en vez, gústame emborracharme. A base de palabras e xestos. Cando lle dou á lingua... doulle a máis darlle. E cando collo carreiriña, xa me emborracho só. Ó rematar noto a cabeza coma un bombo, coma unha candonga que marea.
Pingas de Orballo Como abstemio que son, tamén sei quedar en silencio. Deixo de beber as palabras e a timidez faise dona e señora do meu vivir. Por certo, vivo ben, moi ben. Vivo ben con borracheira de palabras e xestos e vivo ben con borracheira silenciosa e duradeira. E como digo moitas veces, aínda que estea mal, sempre digo que estou ben. Se estou mal, a xente axiña pregunta. Como moitas veces estou no plan silencioso, digo que estou ben para non dar explicacións. A xente é moi interesada, moi sabichona; queren saber que estou mal para eles poder presumir de que están peor ou de que están mellor ca min. Depende do lado polo que queiran presumir. Aínda que, repito, estou tan ben que non creo que ninguén estea mellor ca min.
Agora mesmo xa noto como todo isto se me está subindo á cabeza. Xa esbardallo sen xeito nin dereito, coma eses bébedos, canecos que falan sen saber que falan. Non digo sen saber "o que falan", senón sen saber "que falan". Case vou deixar de dicir caralladas porque lle temo ó coma etílico, e isto xa serían palabras maiores. O coma etílico para un abstemio debe ser coma os cen mil fillos de San Luis bambeando sobre a arañeira. E cos pobres elefantes na selva africana...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES