Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 04 de julio de 2023
A Persiana

Tirei da cinta e, pouco a pouco, a modiño, levantei a persiana. A modiño para que non se escarallase. Tirando ó besta, axiña rompe. E se é vella aínda o fai antes. A persiana non é que sexa vella, pero a falta de uso é o que a pon para o arrastre. Véxoo por min; como me entre a galbana, menos ansia teño de facer algo. Por iso intento "usarme" case sempre, facendo de todo un pouco, ou sexa, ler e escribir.
Pingas de Orballo A principal realidade de que levante a persiana tampouco é polo uso; é máis ben pola claridade. Para que entre a claridade. A luz. A vida! Un cuarto escuro é coma un nicho cerrado. Mellor un nicho sen morto. Que culpa tería o morto para usalo no relato? Mellor sen morto. A escuridade é negrura. A negrura é como a nada.
Hai un terceiro motivo polo que alcei a persiana. Porque me deu a gana. Así de simple e sinxelo. Ademais, segundo a persiana subía, eu observaba o horizonte. Sempre hai algo que ver, aínda que sexa pouca cousa. E aquel que non se considere rexoubeiro ou cubilleiro que tire a primeira pedra. É bonito tamén contemplar eses bicos que se rouban baixo os balcóns, que se dan ás agachadas. Tamén é fermoso ver como un verderolo canta pousado na galla dunha cerdeira. Contemplando o horizonte sobe tamén polas entrañas a carraxe cando alguén non respecta as normas. E así, tantas e tantas cousas.
Ó rematar de subir a persiana dei tres pasos atrás e a vida bailou fundíndose coa claridade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES