Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 29 de junio de 2023
Cando pensaba que...

Cando pensaba que o verde era un lameiro, resulta que era o reflexo do arco da vella. Estes días o arco da vella deixouse ver moito. Se non o vín, imaxineino. A min gústame imaxinar... que voo nas ás dunha rula, que penduro do badalo dunha campá, que corro tras as troitas do río Arnoia, que asubío un tema musical no que chocan Pingas de Orballo unhas nubes e deixan un zunzún apto para chifrar. Imaxino que o café que estou tomando é un bico de consolo ou unha aperta de nostalxia.
Cando pensaba que o cravo atravesaba a madeira sen torcer, resulta que a grampa cosía os papeis dobrándose. Como se adoita dicir: do dito ó feito, vai un treito. Máis ou menos. O cravo, para dobrar, ten que dar contra o ferro ou que, co martelo, lle deas de calquera xeito, á boa de Deus. A grampa, cando o feixe de papeis é moi voluminoso, tamén non sabe nin pode abarcar ou cinguir todo.
Cando pensaba que a pinga de auga mollaba, resulta que o raio de sol o secaba en menos que canta un galo; ou sexa, nunha escampadiña. Aí se xuntan dúas forzas que dependen da intensidade. Canta máis auga, máis asolagamento, e canto máis sol, máis seca. A auga corre e corre polo enxoito e o sol queima e queima a miña testa. Pero non ardo. Como moito, súo.
Cando pensaba que todo seguía, resulta que todo acaba. Porque todo o que empeza, remata. E todo o que remata... non hai volta de folla.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES