Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 28 de junio de 2023
Sensación de baleiro

Que sensación de baleiro teño! E resulta que estou cheo de follas secas espalladas polas estradas dos recordos. Non hai coma os recordos. Son historias que van e veñen neses momentos nos que o silencio calma os nervios e nos que a vida se divide por etapas e experiencias.
Estou cheo de bambáns nos que os sentimentos bailan, os abafos afogan, as viaxes Pingas de Orballo cansan, os poemas contan e as verdades asoman. Non hai nada máis bonito e máis inmenso que a verdade. Esta enche o baleiro que manca.
Sinto que se enche de vocábulos esta memoria miña na que, palabra a palabra, liña a liña e parágrafo a parágrafo, o relato, o conto, a historia, a novela queda descansando na folla cuadriculada dun caderno co que me agasallaron. Caderno que, máis ou menos, todos os días enche ese baleiro que teño a diario. En todos os días sempre hai algún momento no que o baleiro raña, refrega, rabuña na alma.
Encho o instante con historias do tempo pasado, de cando un rapaz transportaba cubos de auga quente desde a burga ata o barrio da Igrexa para darlle de beber ás vacas naqueles días de inverno nos que non podían saír ó monte. Á auga botábaselle unha lata daquelas das sardiñas chea de fariña, coma se fora o avecrem ou o caldo de pita dos humanos. Para darlle sabor e substancia.
Que sensación de baleiro!, pero como encho a vida cos mellores momentos! Porque avida transcorre a base de instantes, de momentos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES