Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 27 de junio de 2023
A Cruz do mérito labrego

Son as cinco da tarde e empezo a escribirlle unha carta ó rei: Son un lacaio da Galicia profunda e ando de feira en feira co Gervasio participando en torneos e verbenas. O Gervasio é o burro que teño desde que o mundo é mundo. Si, moitos anos, pero segue a darme alegrías. Nunca me defrauda nas carreiras de burros nin nos malabarismos que lle mando facer. Tamén é verdade que, logo de cada vitoria, de cada Pingas de Orballo actuación, o compenso con unha verbena no muíño do Dositeo, que ten unha burra de armas tomar ou de rabo e rola.
Reclamo de S.M. que me deixe romper de novo o monte Medo para sementar o pan ou centeo e compensar, tamén, á burra de Dositeo. Todo esforzo merece recompensa. Ela tenlle que aguantar moitas ó Gervasio, que xa case non pode coa alma.
Lembre, Maxestade, que os da Galicia profunda somos humanos e amamos ós animais, aínda que algún que outro malnacido deixe caer a tranca sobre o lombo de certos équidos. Mire Vostede, o meu burro é capaz de desfilar moito máis elegantemente, coa cabeza máis alta e as orellas tesas que o carneiro ese dos da Lexión. Marca o paso, sabe ir ó trote e ó galope. Logo, para máis aquel, carga sobre si, e coa axuda das angarellas, tres feixes de ferraia ou de nabos ou de millo ou de outono. E aínda é capaz de cargar con S.M. enriba do feixe do medio ou no propio pescozo. Concédalle Vostede a Cruz do Mérito Labrego.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES