Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As augas volverán ós seus cauces

jueves, 29 de junio de 2023
Nestes tempos que nos toca vivir estamos asistindo a un ritmo de vida moi acelerado no que os medios de comunicación nos informan de multitude de situacións que endexamais puidemos imaxinar.

Que as augas biaxan revoltas, sabémolo todos: o que lles gusta a uns, outros non o poden ver...
Eso crea malestar no ambiente.
É normal que sexamos diferentes.
De feito ningún fillo é idéntico ós proxenitores por moito que se lles pareza.
Todos somos diferentes, todos pensamos diferente, todos temos gustos diferentes; pero...
TODOS TEMOS UNHA ÚNICA CASA COMÚN:
O planeta terra e, polo tanto, vémonos obrigados a convivir.
Nesta casa común hai unhas normas universais para todos proclamadas na Declaración dos Dereitos Humanos polas Nacións Unidas o día dez de decembro de 1948.
España é un país con moitos anos de antigüidade.
Somos un país que ten demostrado que sabe loitar para mellorar.
Temos a nosa Constitución Española do ano 1978.
Temos unhas Comunidades Autónomas ben diferenciadas nas que podemos sentirnos coa peculiar idiosincrasia de cada unha e ata podemos sentirnos orgullosos de pertencer a un país dos máis ricos do mundo.
A verdade é que normas non faltan e motivos para convivir pacíficamente, tampoco.
Pero, velaí que raro é o día no que os medios de comunicación non nos comunican que "as augas baixan revoltas":
Non quere dicir que esto sexa algo xeralizado; afortunadamente son moitas máis as cosas boas que suceden no noso entorno que as malas.
FÁLASE MOI POUCO DAS PERSOAS EXEMPLARES QUE SON MOITÍSIMAS E FÁLASE MOITO DOUTRAS QUE DE EXEMPLARES TEÑEN POUCO OU NADA.
A xente nova que vai subindo debe pensar que o negativo é o normal e por eso salta tan fácilmente as normas.
A culpa témola os adultos cando dámos malos exemplos e non educamos en valores.
Esto debe servir para poñernos en alerta de que algo vai mal.
E cando algo vai mal, debemos recoñecelo e correxilo.
Debemos tomar medidas para recuperar o norte: o sentido común.
Precisamos recupera-la normalidade onde cada persoa ocupe o seu posto e poidamos convivir en paz e harmonía como fan as persoas ben nacidas e ben educadas.

¿Cómo podemos conseguilo?
Moito mellor con medios preventivos que correctivos, porque todos coincidimos en que:
É MELLOR PREVIR QUE CURAR.
O mellor lugar para previr este tipo de conductas é no propio fogar.
O FOGAR É ESE LUGAR SAGRADO NO QUE APRENDEMOS OS FUNDAMENTOS DA NOSA MANEIRA DE COMPORTARNOS E DO NOSO XEITO DE VIVIR, TANTO DENTRO COMO FÓRA DA CASA.
Todos coñecemos fogares que conservan os valores fundamentais que deben rexir toda convivencia humana: RESPECTO, BOAS MANEIRAS, AMOR, COMPRENSIÓN, SERVICIALIDADE, ORDE, LABORIOSIDADE, XENEROSIDAE, EMPATÍA, AXUDA MUTUA...
A hora ou a deshora hai que reservar tempo para a vida en familia, para marcar os límites morais nos que debemos movernos.
NON TODO O ANTIGO É MALO NIN TODO O MODERNO VALE.
Adaptarnos ós tempos que nos toca vivir, si; pero modernizarse non significa tirar con todo o anterior.
Disfrutar dos avances da ciencia e da tecnoloxía é algo que favorece o noso benestar; PERO NON ESTÁ REÑIDO COS PRINCIPIOS MORAIS QUE DEBEN REXIR TODA CONVIVENCIA.
Entre todos podemos rectificar.

"PODEMOS RECTIFICAR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES