Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gran lema da nosa sociedade

lunes, 26 de junio de 2023
Durante toda a semana pasada non se deixou de falar do somerxible Titán. Intúo que aínda seguiremos uns días máis. Porque, aínda que só eran cinco persoas as que viaxaban nel, non eran uns calquera. O gran lema da nosa sociedadeHoxe xa sabemos que o desenlace era máis ou menos o esperado. Pero todo o que se armou arredor dá para varias novelas e para moitos días de carraxe e moitas horas de impotencia. Impotencia, non porque non se chegara ó rescate, senón por todo o rebumbio, por toda a barafunda que se montou, principalmente, nos medios de comunicación. Estes consagráronse á noticia de tal maneira que mesmo semellou que, o Titanic, á súa beira, fora un accidente de pouca sonada.

Multiplicáronse os esforzos para saber onde estaba o somerxible e, así, reflotalo de forma segura. Multiplicáronse os esforzos porque eran cinco ricachóns que iniciaron unha viaxe por capricho. Cando hai embarcacións de ONG's intentando salvar a miles de inmigrantes que naufragan no Mediterráneo, a maioría dos Gobernos póñenlle todos os atrancos posibles. Tanto tes, tanto vales. Aí está o gran lema da nosa sociedade. Aqueles, os ricachóns, viaxaban por un antollo. Estes, os inmigrantes, viaxan por necesidade. Sobre estes, os medios de comunicación sacan a foto triste para que non se diga que... e acabouse o conto. Sobre aqueles, os mesmos medios de comunicación buscan e furgan e soltan todos os pormenores, todas as minucias duns personaxes dignos de gabanza e admirados pola súa forma de vida.
O gran lema da nosa sociedade
Hoxe, xa sabemos que o somerxible Titán rebentou por unha implosión e, agora, claro, faranse estudos, analizaranse profundidades ata saber cada detalliño de tal implosión. Cando unha patera naufraga no Mediterráneo, que carallo importa o que mida nin deixe de medir e que carallo importa a cantidade de negros, marroquís ou africanos que viaxan nuns paupérrimos metros cadrados.

Ante todo isto, a min, polo menos a min, asómame parte dunha frase do primeiro parágrafo, a de moitos días de carraxe e moitas horas de impotencia. Porque o asunto, tal e como se tratou, é deses nos que me importa un farrapo de gaita o que lle pasase a eses caprichosos dos 250.000 dólares. Eles morreron por un antollo. Outros morren por un cacho de pan. E ninguén os chora.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES