Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 23 de junio de 2023
O corno dereito dunha vaca marela

Subín ó corno dereito dunha vaca marela e bailei un tango sobre a esperpéntica política ourensá. Agora, cada quen, que bote as campás a voar. Ó mesmo tempo, pingas de falsidades caen sobre o asfalto xa mollado. Bailei polos dixomedíxome que foron e viñeron, que se lanzaron e non se cumpriron porque as poltronas son cama paneis de mel... ricas, ricas.
Pingas de Orballo Baixei do corno dereito dunha vaca marela e asubiei unha polca que non facía ruído. Menos mal. Porque na política ourensá, moito ruído e poucas noces. Agora, cada quen, que asubíe baixo a sombra dos albaricoques. Eu seguirei asubiando sobre plenos e comisións, sobre asesores e corrupción, que se almacenarán nos recantos da inconsciencia.
Atei unha reata ó corno dereito dunha vaca marela e cantei temas de amor nos que os bicos e abrazos municipais soan cheos de algarabía, rebuldaina e bulla. Agora, cada quen, que cante unha misa de réquiem pola cidade das burgas. Cantarei tan só dúas estrofas nas que os sorrisos irán a ritmo de jazz e as palmadas imitarán o rock duro.
Desatei a reata do corno dereito dunha vaca marela e imitei unha banda sonora na que, pasado o tempo, haberá tiros a esgalla e trampas detrás de cada outeiro, de cada pleno. Agora, cada quen, que se agache detrás dun penedo. Porque a vergonza asomará polo horizonte dos acontecementos. E a vivir da política!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES