Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cinco euros de cortesía

viernes, 23 de junio de 2023
Abre de par en par as ventás dos ollos asombrosos. O pai sorrí: hai que dicir moitas grazas! E a nena mira o billete de cinco euros que tapa a súa manciña. Moitas grazas!
Moitas grazas! Bos días! Ola e adeus! Boas noites e até mañá! Pase, pase vostede. Por favor! Non, non é ningunha molestia! Alégrome moito! Ata loguiño... E todo, todo adornado cun sorriso, por favor!

Porque as cousiñas verdadeiramente importantes apréndense na casa, a carón dos que nos queren. Na familia. Aínda que haxa nais e pais despistados que non se enteren ou non queiran enterarse, esquecendo que as conquistas máis relevantes ocorren nos primeiros anos.

Falamos de cortesía, de boa crianza, de urbanidade, de amabilidade, de elegancia, de boa educación, de finura, de cordialidade, de civismo. Chámelle cadaquén como queira ou rebusque no Diccionario de Sinónimos, Antónimos e Afíns.

Rapaces e rapazas reciben tal cantidade de informacións que non logran distinguir a cor verde da cor vermella dos semáforos.

Falan os profesores dunha especie de 'cans palleiros' do xénero bípede que chegan ás aulas con retraso sen que se lles pase polos miolos saudar. Xa saben, iso de... Bos días! Perdoe polo retraso! ¿Non teñen educación ou ninguén lles ensinou na casa rudimentos de cortesía? Ou trátase dunha epidemia de afasia? Grave problema sería. Pero moito máis contaxioso é o virus da mala educación.

Os políticos tamén deberán exercer de educadores da sociedad. Non o fan. Semella ás veces que os parlamentos son aulas de mala educación onde non se respectan os turnos, onde non se atenden as razón dos oponentes, onde máis que ás persoas fálase para as cámaras que multiplican por miles as consignas. En xente educada, con carreira, enténdese mal que se insulte ao adversario, que ningunee ao contrario. As sementes amargas da falta de cortesía prenden como a mala herba nas vísceras de xentes con menos cultura.

Léanse por favor, nas páxinas tan actuais de 'O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha' dun tal Cervantes, as liñas que dedica á boa crianza, a finísima delicadeza do fidalgo tentando inculcar boas maneiras ao trapallas de Sancho Panza.

A cortesía é a fórmula máis intelixente e barata para vivir agradablemente. Somos seres sociais "programados" para vivir convivindo. Robinson Crusoe só foi posible na novela xenial de Defoe, pero cando puido escapou da illa paradisíaca que era un inferno de soidade.

A cortesía fainos mellores. É un dos produtos máis sofisticados da conduta humana, xunto co sorriso. Porque o billete de cinco euros só é un diñeiro decente cando a nena o recibe dando as grazas. Cumpridamente. E cun sorriso.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES