Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O cambio é posible

jueves, 22 de junio de 2023
A vida está cambiando constantemente e a nosa existencia, tamén.
Afortunadamente o ser humano ten capacidade para cambiar e adaptarse ás novas circunstancias.
E tal é bo porque eso favorece poñer remedio a moitos males.

Hai cambios voluntarios e outros que nos veñen dados.

Con algúns cambios que nos veñen dados, pouco ou nada podemos facer.
Pero cos voluntarios podemos facer moito, tanto como empeño poñamos en cambialos.

Entre os cambios voluntarios están os que queremos e podemos facer nós tanto a nivel individual como colectivo.

Todos queremos mellorar para enriquecernos como persoas e por eso loitamos por conserva-la saúde, por ter un traballo digno, por aportar o noso grao de area ó benestar mundial...
A MELLORÍA INDIVIDUAL REPERCUTE NA MELLORÍA UNIVERSAL.

¿Cantas persoas coñecemos que conseguiron mellorar a súa calidade de vida porque non desfaleceron á hora de sacrificarse?
Moitas, moitísimas e melloraron elas e máis a sociedade.

¿Cantos estudiantes coñecemos que combinaron o traballo cos estudios para adquirir máis formación?
Moitos, moitísimos e algúns acadaron postos de moita relevancia cultural e social.

¿Cantas persoas de orixe moi humilde foron capaces de acadar un bo nivel de vida porque confiaron que o cambio era posible?
Moitas, moitísimas e deféndense moi ben.

PARA QUE SE PRODUZA O CAMBIO O PRIMEIRO QUE HAI QUE TER CLARO É A NECESIDADE DE CAMBIAR.
Cómpre senti-la necesidade no máis profundo da nosa alma.
Por eso se di que: a necesidade agudiza o inxenio.

E por eso convén educar á infancia para sentir a necesidade de esforzarse por algo que merece a pena.
Nada é gratis.
Todo ten un prezo.

Algúns proxenitores queren tanto ós seus pupilos que os botan a perder porque lles dan todo feito.
A miúdo oímos lamentacións por estas razóns e dicimos que a xeración actual é de cristal, que os novos non teñen fe, que xa non se casan nin bautizan os fillos, que xa non hai respecto...

NON FALTA QUEN LLE BOTE A CULPA ÓS POLÍTICOS E Á IGREXA CATÓLICA.

Pero a verdade é que nin os políticos van amañar a nosa vida particular nin a Igrexa Católica aconsella mal a ninguén.

O QUE NUNCA DICIMOS É QUE CADA UN DE NÓS TEN A SÚA PARTE DE CULPA.
"Se alguén está libre de culpa que tire a primeira pedra contra os que considera culpables"
Soamente quen estea libre. (Seguro que ninguén a tirará)

CÓSTANOS MOITO ADMITIR QUE A XERACIÓN ACTUAL É COMO A EDUCAMOS AS XERACIÓNS ANTERIORES.
Se poñemos unha man no corazón, temos que confesar que os adultos botamos a perder moitos valores que daban estabilidade á vida: as virtudes.

Botamos a perder moitas virtudes, tachándoas de anticuadas a pesar que a Igrexa Católica aconséllaas incesantemente contra vento e marea a quen, LIBREMENTE, se deixa aconsellar.

NIN OS ADULTOS SOMOS MODÉLICOS NIN A XUVENTUDE ACTUAL É DE CRISTAL.
Que os tempos cambian a un ritmo vertixinoso, é ben certo; pero as virtudes deberían conservarse ó longo do tempo porque VALEN PARA TODOS E PARA TÓDOLOS TEMPOS E LATITUDES, PORQUE SON UNIVERSAIS.

Que moitas virtudes as temos no baul dos recordos, pode que sexa certo; pero se buscamos nese baul seguro que as encontramos todas e, LIBREMENTE, podemos empezar a practicalas: hoxe unha, mañá engadimos outra e así sucesivamente ata que as recuperemos todas.

Se conseguimos recuperar as virtudes esquecidas faremos posible o cambio e, pouco a pouco: as augas volverán ós seus cauces.

"AS AUGAS VOLVERÁN ÓS SEUS CAUCES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES