Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crucifixión nos boxes

lunes, 19 de junio de 2023
Crucifixin nos boxes Empezo a entender a aqueles pacientes que prefiren sufrir algo máis na súa casa con tal de non pasar polas urxencias hospitalarias. E se por un casual hai que pasar máis dunha vez ˗que moitos é o que fan˗, a angustia os pon aínda máis enfermos. Pasar por urxencias convértese nun calvario, nunha cruz. Horas e horas nos boxes, ás veces, en malas condicións e case sempre con dores. Para o familiar acompañante xa non é nin calvario nin cruz... é unha auténtica crucifixión. Alí, sacrificados á beira da cabeceira da cama, sobre unha cadeira tan sinxela e incómoda que, como haxa que pasar unhas horas ˗que as hai que pasar˗, vas saber o que é bo.

Xa lle teño oído a xente que non lles importa que o paciente quede ingresado, que o único que desexan de corazón é subir canto antes para planta, para unha habitación que, en semellanza cos boxes, son coma cuartos dun hotel de catro estrelas. Mellora a cama do paciente e, por suposto, mellora, e de que maneira, o asento do familiar; de cadeira sinxela e incómoda pasa a cadeira de brazos articulada e bastante máis cómoda. Vaiche boa!

Tamén sei de xente que, ante unha alta do enfermo máis que dubidosa, prefire que tal paciente siga ingresado para que non teña que volver en dous ou tres días e así evitar a calamidade, a agonía das urxencias. Esperar dezasete horas e pico nos boxes e como agonizar durante todo ese tempo; tanto o enfermo coma o acompañante. Entendería un pouco que tal situación ocorrese na época dos ingresos masivos pola Covid, pero que, agora mesmo, botes máis de medio día encerrado nun boxe, non procede.

Con todo iso, líbreme Deus de criticar ós empregados (médicos, enfermeiros, celadores, etcétera), cando eles mesmos se ven e se senten desbordados por tal situación. É máis, a maioría usan estupendamente a súa profesionalidade e alivian bastante a situación do paciente. (Si, tamén hai toxos, pero os menos). O problema non está na xente que atende ós pacientes e ós seus acompañantes. O problema está nunha mala xestión política que semella que cada vez vai peor. Non é de recibo botar horas e máis horas cos pacientes nos corredores ou afastados en pesebres de... canto?, catro?, seis metros cadrados? Hai que humanizar aínda máis a Sanidade, que a esta ninguén vai para pasalo ben. Non vai por vicio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES