Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 21 de junio de 2023
Que sufocación!

Que sufocación! Meterse nun coche ó que lle deu o sol é morrer. Menos mal que os heroes seguimos vivos. Suando coma carneiros, pero vivos. O peor é aínda cando lle hai que botar man ó volante. Queima nas mans. Abrasa. Menos mal que algúns heroes temos remedios caseiros. O mesmo remedio que usamos cando o sacho esvara das mans a causa da canseira. Algúns sei que me entenden. Porque hai xente labrega e lista.
Pingas de OrballoQue sufocación! Agora mesmo teño problemas para escribir isto. O brazo non corre sobre o caderno. A suor molla o papel e pégame o flexor e o extensor cubital do carpo. Mellor e máis entendible queda dicir que se me pega o brazo.
Que sufocación! Alumea a conciencia. O sol. Certo que xa se ven nubes de treboada polos horizontes. Si, asoman por varios puntos da cidade. Seguro que á tardiña chega a tormenta ou tormentas. E sen paraugas. Quedou no coche, que está lonxe. Pero saír, hai un cacho, co paraugas na man ata daba vergonza. Os heroes non podemos amosar puntos débiles. Terlle medo a unhas pingas de auga ou incluso a un chaparrada ou tromba de auga é de covardes, de débiles. Que se vexa que os que temos parentes en Bilbao, non lle temos medo a nada. O sangue é o sangue.
Que sufocación! Sigo tan sufocado que ata empezan a suar as propias palabras que deixo caer. Mellor deixo o asunto, o tema, a materia, o negocio para non formar unha lagoa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES