Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A petición de Jorge

miércoles, 21 de junio de 2023
Hai uns anos coñecín a Jorge e á súa nai Sandra a través de COGAMI. Daquela animeino a seguir adiante e a loitar por desenvolverse intelectualmente o máximo posible a través da educación. Agora atópase que na ensinanza pos obrigatoria a Consellería de Educación considera que non ten dereito a un profesional de pedagoxía terapéutica que ata agora facilitou o seu avance no sistema educativo con bos resultados. A súa nai Sandra explica moi ben o que está a pasar a través dunha metáfora: Un docente manda un traballo sobre unha flor, pero esa flor está lonxe e resulta inaccesible para Jorge. Ante isto non se dá ningunha solución e simplemente se discrimina a unha persoa por unha situación física inevitable. Discriminación pura e dura.

Ante isto recórrese tanto ao xulgado como á Valedora do Pobo, reclamando simplemente igualdade de oportunidades, é dicir, profesionais que adapten os contidos á situación de Jorge e poida así superar esta etapa. Non se esixe ningún agasallo, soamente cumprir cun dereito constitucional. Isto implica ter persoal fixo e non cambiante en pedagoxía terapéutica e facilitar que aprenda ao ritmo porque, como ben di "eu teño ganas de aprender, pero non de aprender para outros".

A maiores está a relación de Jorge co seu entorno. Esta relación, como nos pasou a moitos, está mediatizada polos coidadores. Aquí hai que dicir que non todo o mundo vale para este traballo, e que ás veces atopámonos cunha profesionalidade ausente. O coidador está para facilitar a socialización no seu entorno e debe ter unha sensibilidade á hora de facilitar as relacións entre iguais. Trátase de que este rapaz teña a mesma liberdade que os seus compañeiros e de que interactúenentre eles. Esa é a función principal do coidador xunto coa atención ás outras necesidades básicas.

O único que persegue este alumno e a súa familia é poder avanzar nun proceso de aprendizaxe e poder acadar as metas que el mesmo sexa capaz de lograr. Porque unha cousa é non poder ou non querer, e outra que un sistema chamado democrático che poña trabas no camiño.

Por isto parece bastante xusta a petición que se lanzou en Change.org, e xusto é animar a todos e a todas a poñer o noso gran de area nunha causa que quere unha sociedade máis inclusiva.

https://www.change.org/p/profesor-a-de-apoyo-preferente-para-jorge?signed=true
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES