Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Coira no Paseo dos soños

viernes, 16 de junio de 2023
No Paseo dos soños de Vilalba, un monolito honra aos Irmáns Coira, como chairegos destacados nos mundos da cultura de Galicia. Os Coira de letras, como eles con humor comentaron.

É unha familia singular. Son sete fillos de médico e farmacéutica, sobriños de historiador, que desde o seu Rábade natal se espallaron por Galicia, sendo catro de ciencias - médicos, farmacéuticos, profesores… - e tres de letras, agora homenaxeados co seu hectómetro no Paseo que conta xa con 17 monolitos.

Xosé, Xurxo e Carlos Coira, representan á literatura e á imaxe, á música e o libro, téndose feito imprescindibles na actualidade de Galicia, no estudo e na publicación, no guión ou na dirección, estando sempre presentes na nosa vida cultural.

Ao principio falouse de "Hectómetros literarios" para o Paseo dos Soños, pero logo foise enriquecendo coa maxia de Carballo, o cine de Margarita, o pensamento de Chao, a música de Ramón Luis, as cancións de Mini e Mero, a loita cultural de Alfonso Blanco, a escultura de Victor Corral, a neurociencia de Sonia Villapol, e agora cos poliédricos Coira que representan á cultura como un feito global que nos invade e nos impulsa, facéndonos moito máis donos de nós.

Esta ringleira de esculturas está a piques de completar o camiño entre os muíños do Rañego e da Magdalena, podendo seguir cara aos Freires, ou dar a volta e situar outras tantas na outra marxe do Paseo. Aínda asi, dentro de trinta ou corenta anos haberá que cavilar de que maneira seguir a honrar aos destacados chairegos da cultura, porque o "Paseo dos soños" naceu para perdurar e gardar memoria de especiais servidores da cultura.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES